
Mentras todos andades por aí de troula (QUEN TEÑA VIÑO, QUEN TEÑA VIÑO QUE ME DEA UN POUQUIÑO), eu estou intentando evadirme para non pensar nos fachós.
Xoguei ó tetris (sg un estudio é moi bo para olvidar traumas), acabei de ler a última novela de Murakami (moi, moi recomendable), fixen crema de verduras.... e como xa non podía máis e a morriña pesábame coma unha louxa, decidín reler as entradas do ano pasado.
Nelas descubrín que fai un ano o Juanqui ESTRIPARA un dedo e acabara en urxencias. Entón atei cabos e descubrín que aí empezou a maldición dos dedos estripados no Castro... misterio digno de CUARTO MILENIO.
(AQUÍ TEDES MATERIA PARA O CONCURSO DE RELATOS DO PONTELOUCO, COMO EU NON PODO PARTICIPAR...)