viernes, 13 de julio de 2007

PONTELOUCO 2003






No ano 2003 celebrouse o terceiro festival Ponte Louco. O cartel deste ano foi feito por Juan "O Grifo" de Trives. Persoalmente foi un dos que máis me gustou (ollo, sen desmerecer a ningún dos outros porque todos estiveron xenial) polo colorido. É unha mágoa que munca se poidese facer unha camiseta así por problemas de impresión e porque ían sair moi caras pois tiñas moita cor. Como vedes no cartel, este ano o Ponte Louco celebrouse a principios de agosto e creo recordar que eso se notara na afluencia de público, ainda que ben chegou a xente que houbo (sobre todo para os que se quedaron no bar e tiveron que limpar despois o patio do castelo). O debuxo da camiseta deste ano era obra de Moxón de Montederramo. Os grupos dos que poidemos desfrutar foran os nosos queridos Cuchufellos, a Txaranga Revoltosa e o Jarbanzo Negro. Estiveran tamén os do Folión de Manzaneda, que montaron unha festa impresionante. A maxia, os títeres, os malabares... todo foi estupendo. Como ás veces unha imaxe vale máis ca mil palabras, déixovos desfrutando das fotos (este ano xa tiñamos dixital e hai máis documentación gráfica) e xa nos diredes que vos pareceu o festival deste ano.