jueves, 29 de enero de 2009

ESTAMOS EN MARCHA



Estamos en marcha, ahora si que xa podemos decir que parte do traballo xa está feito. Enseguida teredes noticias de cuales van a ser os grupos que virán este ano o Ponte Louco, e do resto das actuacións que temos previstas, eso sí podo adiantarvos que vai haber sorpresas e que imos ter máis Ponte Louco que nunca.
Ahora so falta que nos axudedes co cartel, xa sabemos que os que estades todos os días con nos xa destes a vosa opinión, pero necesitamos máis e temos que acadar máis votos, así que avisade por ahí que a votación está en marcha e que o PONTE LOUCO 09 xa está rodando....


Foto: coma non podía ser de outra maneira, de Julio da Teixeira

jueves, 22 de enero de 2009

VOS SODES OS QUE ELEXIDES

foto 1


foto 2

foto 3

foto 4

foto 5


O Julio da Teixeira non para de traballar e segue dándonos ideas para o cartel, pero ahora somos nos os que vos pedimos axuda para elexir.
A partires de mañá poremos unha encuesta no blog para que seades vos os que decidades cal vai ser o cartel do PONTE LOUCO 09,
Sempre vos decimos que o Ponte Louco facémolo todos, así que votádenos unha man.


JULIO, MOITÍSIMAS GRACIAS DE PARTE DA ORGANIZACIÓN DO PONTE LOUCO.

PREMIOS I CONCURSO RELATO CURTO "CONTO CALDELAS"



Para que todos os cativos vos vaides animando imosvos a contar que todos os que concursedes teredes premio seguro.

Haberá tres premios por categoría.

CATEGORIA A:
Primeiro premio: valorado en 90 euros
Segundo premio: valorado en 60 euros
Terceiro premio: valorado en 30 euros
CATEGORIA B:

Primeiro premio: valorado en 90 euros
Segundo premio: valorado en 60 euros
terceiro premio: valorado en 30 euros

Procederemos a entrega de premios na Semana Santa (xa confirmaremos o día). Poderedes asistir, e debedes asistir, todos os que participedes, xa que faremos unha pequena "merendola" para celebralo.

Así que xa sabedes, ¡partipade!

miércoles, 21 de enero de 2009

NOVO BLOG EN MONTEDERRAMO

A asociación de mulleres rurais de Montederramo, acaba de unirse a esta febre que nos ataca a todos e que se chama blogmanía.

Dende o seu blog darán a coñecer todalas actividades que elas coma asociación están a realizar e tamén darán a coñecer as novas que se produzan no Concello.

De momento e para que vaides abrindo boca, podedelas visitar en: http://www.blogoteca.com/acaracocha


(FOTO ROSETA)

lunes, 19 de enero de 2009

PRIMEIRO ANIVERSARIO DO DEDO ESTRIPADO DO JUANQUI


Mentras todos andades por aí de troula (QUEN TEÑA VIÑO, QUEN TEÑA VIÑO QUE ME DEA UN POUQUIÑO), eu estou intentando evadirme para non pensar nos fachós.
Xoguei ó tetris (sg un estudio é moi bo para olvidar traumas), acabei de ler a última novela de Murakami (moi, moi recomendable), fixen crema de verduras.... e como xa non podía máis e a morriña pesábame coma unha louxa, decidín reler as entradas do ano pasado.
Nelas descubrín que fai un ano o Juanqui ESTRIPARA un dedo e acabara en urxencias. Entón atei cabos e descubrín que aí empezou a maldición dos dedos estripados no Castro... misterio digno de CUARTO MILENIO.
(AQUÍ TEDES MATERIA PARA O CONCURSO DE RELATOS DO PONTELOUCO, COMO EU NON PODO PARTICIPAR...)

A DUREZA DA DIÁSPORA

Estar fora do Castro resulta especialmente duro en dias coma hoxe, o dia dos Fachós. Todos os que estamos lonxe teremos o noso pensamento no adro da igrexa entre lusco e fusco e podedes estar seguros de que berraremos: VIVA O SAN SEBASTIÁN!!!!!!!!!!!!!!!

jueves, 15 de enero de 2009

¡VIVA O SAN SEBASTIAN! ¡VIVAN OS FACHÓS!


O luns e o día que todos estabamos esperando, o dezanove de Xaneiro, a gran festa do Castro, OS FACHÓS.
Xa sabedes que estades todos invitados, que estamos esperando por vos, e que nos acordaremos de todos os que estades na diáspora e non vos podedes achegar.
Brindaremos,comeremos,bailaremos o son dos Airiños & Friends, e como non, arroutaremos ós chourizos.
Solo vos podemos decir que non faltedes que é unha noite máxica e que non hai ningunha festa semellante.
¡VIVA O SAN SEBASTIAN! ¡VIVA O SAN ROQUE E O CAN, A MARCELA E A CADELA!
¡VIVAN OS FACHÓS!


Fotos: Xesús Fariñas e Crespo

lunes, 12 de enero de 2009

LEMBRADE: CONCURSO RELATO CURTO "CONTO- CALDELAS"




I CONCURSO RELATO CURTO: “CONTO-CALDELAS”

BASES:

1.- Relatos en galego, ca única condición de que terán que estar ambientados na Terra de Caldelas.

2.- Os relatos presentaranse baixo un seudónimo,da siguiente forma: no momento de presentar o traballo entregaráse un sobre pechado no que constará por fora do sobre o seudónimo empregado e dentro do sobre os datos personais do concursante.

3.- Os relatos presentaránse en folio tamaño A4, a unha cara, con dobre espacio e con letra “Times New Roman” de tamaño 12.

4.-Serán dun mínimo de dous folios e un máximo de dez, ou ben, poderán ser presentados a man con letra lexible, tamén en folio A4, sendo de un mínimo de dous folios e máximo de dez.

5.- O plazo de presentación dos traballos será dende o momento da publicación de estas bases no blog: www.pontelouco.blogspot.com e ata o 15 de Marzo do 2.009.

6.- Categorías:

A.-De 6 a 12 anos (incluídos).

B.-De 13 a 17 anos (incluídos).

7.- Deberase indicar no sobre, na parte exterior, a categoría a que pertence o traballo.

8.-Os relatos presentaranse no Centro Comarcal Terras de Caldelas.

9.- Xurado:directiva da Asociación Cultural-Xuvenil “O Irrio”.

10.- A Asociación quedaráse cos traballos orixinais, devolvendo unha copia o seu autor.

11.- Os traballos gañadores serán expostos no Centro Comarcal Terras de Caldelas e a lista de gañadores daráse a coñecer no blog do Ponte Louco antes do 8 deAbril, para proceder a entrega de premios na Semana Santa do 2.009.

12.-Premios: haberá tres premios por categoría. Os premios consistirán en libros de literatura galega infantil e xuvenil, así coma xogos e outros a determinar. Indicaranse todos eles máis adiante no blog do Ponte Louco.

13.- O feito de participar no concurso implica o coñecemento e aceptación de tódolos concursantes das seguintes bases.