lunes, 16 de enero de 2012

FACHÓS 2012

Este xoves día 19 celebraremos, un ano máis, unha das festas máis enxebres, interesantes e divertidas para os caldelaos: A FESTA DOS FACHÓS.

Como manda a tradición, a víspera de SanSebastián, patrón do Castro, entre lusco e fusco, unha procesión de fachós percorre as rúas do casco vello da nosa vila.
Logo de bordear o castelo, os fachós regresan ó adro da igrexa onde arden nunha grande fogata.
A festa continúa entre bocadillos de chourizo, tragos de viño, música de gaitas e berros de: ¡VIVA O SAN SEBASTIÁN!
Si non coñeces esta festa non a podes perder pois é algo totalmente diferente ó que estades acostumbrados.