miércoles, 2 de julio de 2008

Festivais á vista: Serra de Queixa e Reperkusión


O festival de Serra Queixa xa ten cartel. O 19 de xullo a partir das 18:00 xa hai actividades, pero o prato forte é o concerto: kumpania algazarra, Dacallos, Os cuchufellos (que virán o Ponte Louco e podedes visitar a súa web, blog e myspace), Tumbuctu e Os chicquilicuatres. E como todo isto é de balde piden que a xente non faga botellón, xa que para os festivais como o de Queixa ou o Ponte Louco esta é unha das principais fontes de financiamento.




Ademais seguindo coas novas festivaleiras, os do Reperkusión van adiantando cartel: Roy Paci & Areuska, Tonino Carotone, Los Deliqüentes e O Sonoro Maxin. Eu atreveríame a recomandar os últimos, porque creo que representar o espiritu de Lamatunbá dos mellores tempos; e o primeiro formado por un ex de da Radio bemba e de Banda iónica (moi recomendable tamén) que lle dá un novo aire a canzone italiana misturándoa con ská, reggae, ... Apuntade na axenda 19, 20 e 21 de setembro.

ANXO MOURE: CONTOS SOLIDARIOS



Como ben di Dory na enttrada anterior o Venres día 4 temos en Caldelas a Anxo Moure, un gran contador de historias e de contos. A actividade desenrolarase no Centro Comarcal.
Anxo Moure coñecido coma o “ecopacifista” de Chantada; o “atrapador de contos” que axudou a botar adiante proxectos coma Papaventos ou Bicis pola Paz.

O proxecto Contos Solidarios nace no ano 2000 da mán da ONGD chantadina Bicis pola Paz, sendo monitorizado polo colectivo de educación ambiental Papaventos e financiado pola convocatoria de sensibilización de Cooperación Galega (Xunta de Galicia). Contos Solidarios percorreu máis cincocentas escolas e visitou a máis de 60.000 nenas e nenos co obxectivo de sensibilizar e concienciar as/os alumnas/os sobre a necesidade dun compromiso solidario coa xustiza e a liberdade, empregando como ferramente lúdico-pedagóxica o conto, a poesía, o humor, a mímica…

E unha oportunidade única, tedes contacontas as cinco, seis e sete da tarde e c´hamade o 988204630 para que podian repartir a todos os nenos entre as tres sesións.