miércoles, 2 de julio de 2008

ANXO MOURE: CONTOS SOLIDARIOS



Como ben di Dory na enttrada anterior o Venres día 4 temos en Caldelas a Anxo Moure, un gran contador de historias e de contos. A actividade desenrolarase no Centro Comarcal.
Anxo Moure coñecido coma o “ecopacifista” de Chantada; o “atrapador de contos” que axudou a botar adiante proxectos coma Papaventos ou Bicis pola Paz.

O proxecto Contos Solidarios nace no ano 2000 da mán da ONGD chantadina Bicis pola Paz, sendo monitorizado polo colectivo de educación ambiental Papaventos e financiado pola convocatoria de sensibilización de Cooperación Galega (Xunta de Galicia). Contos Solidarios percorreu máis cincocentas escolas e visitou a máis de 60.000 nenas e nenos co obxectivo de sensibilizar e concienciar as/os alumnas/os sobre a necesidade dun compromiso solidario coa xustiza e a liberdade, empregando como ferramente lúdico-pedagóxica o conto, a poesía, o humor, a mímica…

E unha oportunidade única, tedes contacontas as cinco, seis e sete da tarde e c´hamade o 988204630 para que podian repartir a todos os nenos entre as tres sesións.

2 comentarios:

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

O outro día fómolo ver ó castelo porque viñeron os nenos dos Biocos e collíamos no CC, e menos mal que viñeron os dos biocos porque do Castro case non había ninguén. E os contos moi ben, de feito estivemos falando con Xavier e xa quedou contratado para o PL 09, so falta falar do tema económico, pero non é a cousa coma sempre, neste caso el quere vir gratis e nós queremos pagarlle algo, aínda que sexa un ferrado de noces coma cobrou nunha actuación que tiña iste domingo.

EMITIENDO PARA TODA LA GALAXIA dijo...

A verdade e que é un tío moi interesante e gustoulle moito o que facemos no Ponte Louco. A min tamén me gustou a súa actuación e a verdade e que anda metido nun montón de proxectos.