miércoles, 2 de julio de 2008

Festivais á vista: Serra de Queixa e Reperkusión


O festival de Serra Queixa xa ten cartel. O 19 de xullo a partir das 18:00 xa hai actividades, pero o prato forte é o concerto: kumpania algazarra, Dacallos, Os cuchufellos (que virán o Ponte Louco e podedes visitar a súa web, blog e myspace), Tumbuctu e Os chicquilicuatres. E como todo isto é de balde piden que a xente non faga botellón, xa que para os festivais como o de Queixa ou o Ponte Louco esta é unha das principais fontes de financiamento.




Ademais seguindo coas novas festivaleiras, os do Reperkusión van adiantando cartel: Roy Paci & Areuska, Tonino Carotone, Los Deliqüentes e O Sonoro Maxin. Eu atreveríame a recomandar os últimos, porque creo que representar o espiritu de Lamatunbá dos mellores tempos; e o primeiro formado por un ex de da Radio bemba e de Banda iónica (moi recomendable tamén) que lle dá un novo aire a canzone italiana misturándoa con ská, reggae, ... Apuntade na axenda 19, 20 e 21 de setembro.

2 comentarios:

EMITIENDO PARA TODA LA GALAXIA dijo...

Pois haberá que telo en conta,eu quédome cos Delincuentes que me parecen moi animados e terán un directo moi bo.

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

A min calquera dos catro do Reperkusión tenme moi moi boa pinta, e a verdade os de Queixa menudo cartelazo. Hai algún festival da zona o que empezo a mirar de reollo con envexa (da boa).