martes, 14 de agosto de 2007

RECOMENDACIÓNS PARA O PONTELOUCO 3: Información meteorolóxica


Datos do Instituto Nacional de Meteoroxía (http://www.inm.es/), para Castro Caldelas o 18 de agosto:

  • Probabilidade de precipitación 5% (e que por curarse en saúde case nunca poñen "0")
  • Temperaturas máxima e mínima 25-9 Cº (vinde abrigados ou dispostos a non para en toda a noite)
  • Dirección do vento S-E, velocidade 7 Km/h

Se hai algunha variación iremos informando

6 comentarios:

Chus dijo...

Os de Cerceda esperamos que a información metereolóxica sea fiable, outros anos temos pasado frío pola noite (na zona de acampada) polo tanto sabemos que hai que ir abrigados, pero si chove sí que xa se nos jode a historia... De todos xeitos ahí estaremos, así é dende o primeiro Ponte Louco, ademáis este ano se coincide coa feira, cojonudo! Aló imos a comer o polbo que non sei porqué pero o da montaña é máis rico que o da costa. Moito ánimo á organización! Ahí nos veremos.

Anita Ozores dijo...

¿Qué es eso que he oído de que en Trives van a hacer un festival coincidiendo con el Ponte Louco? ¿Qué os parece? ¿No es un tanto absurdo? Yo creo que la mayoría de la gente irá al Castro y es que como el ponte louco no hay nada. Mi enhorabuena a la organización

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

Os de Cerceda téñovos que dicir que traedes as tendas mais grandísimas do festival, ó final teremosvos que dar un premio. Grazas polo voso apoio, en breve poremos unha noticia coas recomendacións para a zona de acampada e que non pase coma o primeiro ano cos do SEPRONA

Chus dijo...

Non é por ser modestos, pero os de Cerceda levamos as tendas que temos... se foran máis pequechas sería máis fácil montar, algún ano destes faremos unha inversión. O mellor premio ou regalo e que se siga a facer o Ponte Louco que o ano pasado quedamos descolgados. Pola zona de acampada non ha de haber problema: imos ir acompañados dun "miembro del cuerpo". Saúdos pontelouqueiros!

Charly dijo...

Xa está ahí! Só faltan 2 días para emprender viaxe a Castro Caldelas! Aínda ten aberto Patín Soto? Vaia licor café! Imos aproveitar desta vez para deixarvos os cartaces do noso festival: A GRESCA-XV Festival de Cerceda, para que vaides facendo boca ahí vos queda o enlace ó blog de Lucerna (Asociación organizadora) e o myspace do festival.
http://www.espacioblog.com/asociacion-cultural-lucerna
http://www.myspace.com/agresca

Juan L Osorio dijo...

Respecto ao da información meteorloxica, imaxino que é a máis alta institución depois do Calendario Zaragozano. De tódolos xeitos 9 graos na zona de acampada non é calor. Por certo modificaron os datos:
-10% de posibiliades de choiva
-Vento compoñente Leste (esto non mo creo porque aqué sempre pega o norte)
Aos de Cerceda xa vos faremos un día unha entrada porque ven a merecedes, xa que vir dende Cerceda ata aquí hai unha tiradiña.
O do Patin Soto (é dicir: as Pepas, ou o Horacio), so habre de estrangis, pero si.
A pregunta de Anita Ozores (moi bo o pseudónimo), polo que vin nos carteis o 18 é "san rock e folk", pero non sei si o din porque medio Trives ven o Ponte Louco, ou por outra cuesión; o feito é que non pon nada máis. Si nos parece ben, home, ou muller, mellor dito; nós sempre intentamos que non coincida con nada na área de influencia pero... Por certo non sabemos que data poñer para o ano porque como é bisiesto coincidiría a 16, festas en Montederramos, 9 Sta Tecla, 23 Alais e Trives; o 2 sería boa data porque ademais é feira, pero xa miraremos.

Saúdos