Mostrando entradas con la etiqueta Lumeares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lumeares. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de agosto de 2011

sábado, 6 de agosto de 2011

Lumeares: Mes do espantallo


Por segundo ano celebrarase en Lumeares o mes do espantallo. A partir do vindeiro 12 de agosto os espantallos adornarán os diversos lugares da parroquia. Ademais como podedes ver haberá máis actividades:
  • pasarrúas
  • Campionato de tute
  • Maxia
  • Cea
  • Verbena
Recordade que é unha actividade aberta, así que si alguén quere levar o seu espantallo... e que estarán colocados ata fins de agosto.

sábado, 7 de agosto de 2010

Espantallos de Lumeares (TVG)

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Ademais tamén saiu no Faro de Vigo: aquí a noticia redactada, e a reseña da portada na edicción de Ourense

lunes, 26 de julio de 2010

Lumeares: Mes do espantallo


Agosto, será en Lumeares, o mes do espantallo. A actividade comeza o venres 6 de agosto, coa elaboración dos espantallos por parte dos veciños, e de calquera que se queira animar e estarán colocados nas fincas dos veciños durante todo o mes.

Ademais ó día seguinte celebrarase a festa e verbena, coñecida como o Lumearazo

lunes, 3 de mayo de 2010

Andaina de Lumeares

Outro ano máis a AAVV "Lumeares ComoMires" organiza a andaina.

A data é o 15 de Maio, sábado a saída farase dende a Teixeira (no Campelo). Os teléfonos de contacto son o 689 433 425 e 678 856 183.

O percorrido sae pola estrada que vai a Boazo e baixa cara Lumeares, logo sobe cara ó Fontao (Sta Marta) por un precioso sendeiro que polas ladeiras do Caldelas, tendo unhas preciosas vistas do Sil.


Dende alí collese unha pista que vai pola ribeira do Sil, donde hai unhas vistas espectaculares de Amandi, e que chega ata Cristosende. Dende aí vólvese á Teixeira.

Alí realizarase unha comida, pero o prezo está sen confirmar.

domingo, 8 de noviembre de 2009

Magosto en Lumeares

A asociación de Veciños "Lumeares como o mires" celebrou outro ano máis o magosto, o que tivemos o gosto de asisitir. Ainda que o día non axudou moito xuntouse un grupo importante de xente.

sábado, 10 de octubre de 2009

Terra do millo


Hoxe no Centro comarcal proxectarase a curta-documental "Terra do Millo". O argumento desta produción, baseado nunha obra de Emilio Arauxo, conta partes da historia do rural galego, concretamente do val de Maceda, usando o felo como nexo.
Ó rematar a curta haberá un pequeno coloquio ao que asistirán entre outros o seu direcotr, Patxi Bisquert.
Ademais nesta curta conta coa participación (voz en off) do Óscar de Lumeares e a música de Pablo Devigo.
Como curiosidade apuntar que participará no Festival de Cine de Ourense en brevez datas, así que antes de que se poisda ver en Ourense verémola no Castro

lunes, 3 de agosto de 2009

Cartel do Ponte Louco 09


Venres 21

De 17 a 19 na praza
  • Obradoiro de Malabares
  • Obradoiro de Break Dance: Afrodisiacos Crew
Ás 19 Contacontos: Canier
Ás 22 horas Teatro no Castelo
23: 00 Sesión de Curtas: El Cumpleaños e Calle Desengaño (Ver trailer)
Sábado 22

Contacontos: Anxo Moure
Títeres: Viravolta

jueves, 30 de julio de 2009

Ponte Louco polo mundo adiante: Óscar (Lumeares) e Patricia en Jamaica





A que ver o eficiente que é este rapaz; para resarcirse do intento fallido do ano pasado, este ano mandounolas dende alí

lunes, 20 de julio de 2009

Feira do Viño e outros eventos


Coa proximidade do agosto a cousa promete, e é que saen eventos por un tubo:

De boas primeiras esta fin de semana é a II Mostra de Viños da Ribeira Sacra, que contará entre outras actividades cunha feira de aretesanía na que coma o ano pasado poremos o noso chiringuitos coas camisetas, mecheros, ....

No apartado de festas reinventadas aproxímanse o Lumeazo (7 de agosto) ou Santa Tecla (do 7 ó 9), do Portelazo xa falaremos máis adiante

Dúas noites, este ano estará adicado a música: Uxia e Fred Martins (12 e 13 de agosto)

martes, 16 de junio de 2009

SAN ANTONIO MENTIREIRO EN LUMEARES

En Lumeares no San Antonio teñeñ de todo:
Bo clima...
Boa comida...
Artistas do lugar...
Artistas invitados...
Un gran público...

E moita, pero que moita festa!!!Gracias a todos os que fixestes posible este gran día de festa.

domingo, 17 de mayo de 2009

Andaina de Lumeares: Reportaxe fotográfico


















Unha imaxe vale máis que mil palabras. Así que pouco máis contar, simplemente darlle as gracias e a noraboa aos organizadores

martes, 12 de mayo de 2009

Andaina de Lumeares

Este sábado, 16 de maio, a asociación de Veciños "Lumeares comomires" organiza a 2ª edición da Andaina por Lumeares. O percorrido é semellante ó do ano anterior: saída dende a Teixeira, paso pola Cruz (visita o cruceiro), pena do Corvo (donde hai esa vista da desembocadura do Caldelas no Sil) e dende ahí baixase por un sendeiro pola marxe do Caldelas, cruzándoo en dirección Abeleda. Aquí collemos un sendeiro moi bonito sendeiro ata o Mosteiro de S Paio,
e posteiormente pasaremos por Sta Tegra, baixando ata o Río dos Vaos onde veremos o Cachón. Esta é a parte dura da rota, a súbida pola Carosa, practicamente igual ao ano pasado.

Ó remate haberá unha comida. A inscrición custa 5 €.
Para inscribirse hai que chamar ós teléfonos 689 433 425 ou 678 856 183.