Mostrando entradas con la etiqueta cinema. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cinema. Mostrar todas las entradas

sábado, 10 de octubre de 2009

Terra do millo


Hoxe no Centro comarcal proxectarase a curta-documental "Terra do Millo". O argumento desta produción, baseado nunha obra de Emilio Arauxo, conta partes da historia do rural galego, concretamente do val de Maceda, usando o felo como nexo.
Ó rematar a curta haberá un pequeno coloquio ao que asistirán entre outros o seu direcotr, Patxi Bisquert.
Ademais nesta curta conta coa participación (voz en off) do Óscar de Lumeares e a música de Pablo Devigo.
Como curiosidade apuntar que participará no Festival de Cine de Ourense en brevez datas, así que antes de que se poisda ver en Ourense verémola no Castro

jueves, 19 de febrero de 2009

Cinemas dixitais: Sábado 21 ás 18:00

12.007
É unha curtametraxe que parte da lectura dun relato breve do autor galego Rafael Dieste, no seu libro “Arquivos do trasno”, publicado por primeira vez en 1926.
Dedímolo ou non decimos
Baseada nun conto de Ánxel Fole.
Uns amigos gastan unha broma ao seu amigo gafe, que consiste nun asesinato imaxinario.
O Cazador

Adaptación libre dun relato de A. Chejov. O CAZADOR
Dous actores sobre un escenario baleiro construíndo uns personaxes.
A construcción da emoción, a elaboración dunha ficción: da palabra á imaxe.
O DESEXO
Tirada do relato "O vello que quería ve-lo tren" pertencente ao libro "Dos arquivos do trasno" de Rafael Dieste, a historia discorre arredor dos anos 30 nunha zona montañosa do interior de Galicia, e dicir, na Galicia máis profunda.
RÍO DE SOMBRAS (1986)
Adaptación libre do relato "o Suso" de Mendez Ferrín.
Un xornalista e mais un fotógrafo cobren a información dun crime na fronteira.
XINETES NA TORMENTA
Baseado nun relato de Manuel Rivas.
E a historia da primeira marea no Gran Sol de Suso.

domingo, 23 de noviembre de 2008

Sesión de curtas no Centro Comarcal


Reproduzo casi-literalmente o mail que nos mandou a Dori a semana pasada, do que non nos enteramos ata onte domingo, pero como o sábado que ven volve a haber sesión:

De momento haberá 2 sesións de curtas este sábado 22 e o 29 sempre ás 18:00 h na sala de cursos do Centro Comarcal.
A idea é que empezamos este mes de Novembro cunha sesión cada sábado. En Decembro tocaranos pechar os sábados pola tarde e os domingos (as tres primeiras semanas), ásí que só imos programar no Nadal CINEMAS INFANTÍS (tamén curtas pero de animación: 2D, 3D, plastilina). Xa vos enviarei as datas e as pelis de cada día, en canto mas confirmen. E a partir de Xaneiro volvemos a empezar todos os sábados cos diferentes ciclos disponibles. A oferta é enorme e pódese consultar na páxina da Axencia Audiovisual Galega. Gustaríanos que a xente fixese as súas propias suxerencias e peticións para que solicitemos o mais atinado posible. Nos para empezar poñemos o día 22/11 GARGALLADAS E OUTRAS PATOLOXÍAS 1 (Curtas) e o 29/11 GARGALLADAS E OUTRAS PATOLOXÍAS 2 (Curtas)