miércoles, 23 de julio de 2014

NOVA ORGANIZACIÓN

Aínda que xa levamos unhos meses nesta aventura; a nova organización do Ponte Louco e da Asoc Xuvenil Cultural "O Irrio" quere facer a presentación no blog.
Intentaremos involucrar ó maior número de persoas posibles, para que a asoc. sexa o máis activa posible e así poder ter maior número de actividades.
Moitas gracias a todos pola axuda e a aceptación que está a ter esta nova etapa. Esperamos non defraudarvos.

Quen somos?

Somos un grupo de xoves do Castro e de concellos dos arredores (A Teixeira, San Xoan de Río, Montederramo...) que apostamos pola nosa zona.

Que queremos? 

Queremos crear alternativas de ocio, tanto culturais coma xuvenís, por toda a comarca. Que calqueira persoa da nosa zona dispoña dunha ampla variedade de actividades de todo tipo para desfrutar do seu tempo de lecer.

Que faremos?

Ademais de seguir organizando o Ponte Louco, faremos todo tipo de actividades de ocio, tales como roteiros, concertos, excursións, xogos populares, proxecións, xantares..

Como podes colaborar?

A mellor forma de colaborar e facéndote socio da asociación, pagando unha pequena cuota ó ano. Sendo socio poderás acceder ó local social e teráss algunha recompensa ó longo do ano .
Outra forma de colaborar e participando en todas as actividades que organizamos,  propondo ideas e axudando como poidas (sabes facer algo e queres enseñarllo ós demais? conoces un grupo?...)


Podedes ollar algunha das actividades que levamos feito no noso facebook, en twitter e en instagram