jueves, 15 de mayo de 2008

NOVAS EN MONTEDERRAMO




Varios rapaces, e non tan rapaces, do Concello de Montederramo están creando unha asociación xuvenil-deportiva, que se chamará "O SON DAS PEDRAS".Por certo é un nome que me trae moi bos recordos daqueles tempos en que empezamos a meternos nos mundos dos festivais.

Deséxovos moita sorte e que traballedes moito, e haber se prontiño podemos todos desfrutar das actividades que se organicen en Montederramo.

Se alguén quere facerse socio só ten que pasarnos un mail e nos porémolo en contacto ca nova asociación.

2 comentarios:

alegria dijo...

O son das pedras... qué tempos!
Quería dicir que me parece unha moi boa idea, que fai falta algo así dende hai moito tempo en Montederramo e, sobre todo,que non hai ningunha intención nin motivo político detrás de todo isto, como algunha xente pensou; todo o contrario; esta asociación nace coa idea de que todo o mundo poida participar, colaborar, etc, sexa da ideoloxía que sexa.
Sorte e ánimo que, estas cousas costan ó principio pero despois van sólas.

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

tes razón, Rosa, mira como empezamos nós no Castro medio de broma... e agora fíxate cántas cousas se están facendo xa. Ademáis o bon é que a xente se contaxia e cada vez apetece máis organizar cousas novas. Eu tamén lle mando ánimo á xente de MOntederramo e que saiban que os da Asociación o Irrio estamos aquí para todo o que precisen. Que empecen a organizar que en seguida nos plantamos por ahí a colaborar.
SORTE!!!!!!