Mostrando entradas con la etiqueta Los girasoles ciegos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Los girasoles ciegos. Mostrar todas las entradas

viernes, 26 de septiembre de 2008

Monterramo en Jólibu


Montederramo vai ser visto en Jolibu. A película Los Girasoles Ciegos foi preseleccionada para representar ao cine español na Gala dos Oscar e como xa saberedes parte desta foi rodada no mosteiro de Montederramo. Se nos elixen van a flipar os Ianquis.
Quen nos verá acompañando ás nosas grandes estrelas (Victor, Paula, Alberto L., etc.) pola alfombra vermella.
Codearnos con Cloony, Barben, Allen, os Cohen, ...
¡Aurora! vai preparando o medelito, levaremos o licor café e exportaremos os fachós, a feira da carne e, como non, o Ponte Louco. Esta gala, se hai sorte, vai marcar un antes e un despois nos Oscars.

lunes, 15 de septiembre de 2008

LOS GIRASOLES CIEGOS: LA PELÍCULA





Este fin de semana fun ver a película de Cuerda. A verdade é que estaba expectante polo resultado final debido a dous motivos: baséase xustamente nos dous relatos do libro que máis me gustaron e, ademais, unha parte foi rodada en Montederramo e con extras coñecidos. Hei de confesar, e confeso, que me decepcionou un pouco. Xa sei que é un tópico iso de dicir que as películas nunca chegan ao nivel dos libros, pero creo sinceramente que esta vez é totalmente certo. O segundo relato do libro de Méndez: "Segunda derrota: 1940 o Manuscrito encontrado en el olvido" é dunha intensidade emocional incrible. A técnica utilizada imita a xa clásica do manuscrito atopado, presente na historia da nosa literatura xa desde as novelas de cabalerías e tan ben recreada polo archicitadísimo Cervantes. Neste caso, o devandito manuscrito aparece á beira de dous cadáveres e é un caderno no que, a modo de diario, un home recolle os últimos días da súa vida e da súa fuxida. Na película este relato aparece de xeito prácticamente anecdótico e sen achegarse, nin de lonxe, á intensidade que transmite o relato. "Los girasoles ciegos", que dá nome tanto ao libro como á película, si é máis fiel á historia de Alberto Méndez. Aínda así, sígome quedando co relato pois nel tanto a psicoloxía do Irmán Salvador como a de Ricardo e Elena, e ata a de Lorenzo queda moitísimo máis perfilada que na película. A estrutura do relato tamén me convence máis... pero como non quero destriparvos ambas cousas (libro e peli) recoméndovos que vaiades ao cine e logo xulguedes por vós mesmos.
En canto ás interpretacións, quédome coa de Raúl Arévalo. Maribel Verdú ten momentos moi interesantes, pero convenceme máis o primeiro. Pola súa banda, Javier Cámara está na súa liña: sobresaliente, por iso xa é difícil que me sorprenda. Sempre o fai estupendamente.
Los girasoles ciegos é unha das tres películas seleccionadas para representar a España nos Óscar, a ver se ao final é a elixida