lunes, 15 de septiembre de 2008

LOS GIRASOLES CIEGOS: LA PELÍCULA





Este fin de semana fun ver a película de Cuerda. A verdade é que estaba expectante polo resultado final debido a dous motivos: baséase xustamente nos dous relatos do libro que máis me gustaron e, ademais, unha parte foi rodada en Montederramo e con extras coñecidos. Hei de confesar, e confeso, que me decepcionou un pouco. Xa sei que é un tópico iso de dicir que as películas nunca chegan ao nivel dos libros, pero creo sinceramente que esta vez é totalmente certo. O segundo relato do libro de Méndez: "Segunda derrota: 1940 o Manuscrito encontrado en el olvido" é dunha intensidade emocional incrible. A técnica utilizada imita a xa clásica do manuscrito atopado, presente na historia da nosa literatura xa desde as novelas de cabalerías e tan ben recreada polo archicitadísimo Cervantes. Neste caso, o devandito manuscrito aparece á beira de dous cadáveres e é un caderno no que, a modo de diario, un home recolle os últimos días da súa vida e da súa fuxida. Na película este relato aparece de xeito prácticamente anecdótico e sen achegarse, nin de lonxe, á intensidade que transmite o relato. "Los girasoles ciegos", que dá nome tanto ao libro como á película, si é máis fiel á historia de Alberto Méndez. Aínda así, sígome quedando co relato pois nel tanto a psicoloxía do Irmán Salvador como a de Ricardo e Elena, e ata a de Lorenzo queda moitísimo máis perfilada que na película. A estrutura do relato tamén me convence máis... pero como non quero destriparvos ambas cousas (libro e peli) recoméndovos que vaiades ao cine e logo xulguedes por vós mesmos.
En canto ás interpretacións, quédome coa de Raúl Arévalo. Maribel Verdú ten momentos moi interesantes, pero convenceme máis o primeiro. Pola súa banda, Javier Cámara está na súa liña: sobresaliente, por iso xa é difícil que me sorprenda. Sempre o fai estupendamente.
Los girasoles ciegos é unha das tres películas seleccionadas para representar a España nos Óscar, a ver se ao final é a elixida

11 comentarios:

Anónimo dijo...

pero falta o comentario rosa (de prensa rosa, vamos)que pasa con eses extras? E o que imos fardar os que non vivimos alí? Por certo, alguén de Montederramo vaise sentir ofendido si me apropio dél para fardar de que o meu pobo sae na peli?
Oscar.

alegria dijo...

Mmmmm iso vaiche costar máis dunha copa Oscar, pero pola miña parte vale; pregúntalle a Natalia a ver se non che da permiso ou empeza a dicir que ela é da Potela e se apropia do Portelazo...aínda que merecido o ten a rapaza eh?
Aínda non vin a peli pero penso que vou estar contigo Encarna; eu de Cuerda me sigo quedando coa primeira, "Amanece que no es poco", de feito non parece del.
Claro que se ó final representa a España...será a mellor, seguro. Saudiña

EMITIENDO PARA TODA LA GALAXIA dijo...

Somos todos das terras de caldelas non? Pois cada un que se arrime o que mellor lle veña (Portela,Montederramo,Castro...)O final sempre estamos os mesmos en todos os sitios.

Anónimo dijo...

En el estreno de la peli (al que asistí doblemente invitada en calidad de consorte de mi "santo" -que diría E.Lindo-, y como madre del artista), J.L. Cuerda dijo que esta película era "lo mejor que he hecho nunca". Y mi opinión es justamente la contraria, creo que es la más flojita.

El libro me encantó, tiene una hondura desgarradora, algunos pasajes de esos que te remueven de arriba abajo, y yo no sentí nada de eso en la peli.

Como tú dices, las peliculas basadas en libros suelen decepcionar, pero no siempre. Por ejemplo, y por seguir con Cuerda, "La lengua de las mariposas" me gustó más que el relato de Manoliño, aunque claro, entre Raúl Arévalo y Fernán Gómez hay un pelín de diferencia.

De cualquier modo, ojalá tenga muchos éxitos. Quién nos verá en Jolivú!!!!!!!

Aurora

Anónimo dijo...

totalmente de acuerdo contigo Aurora. Por cierto, fuimos incapaces de reconocer el culillo de tu vástago. De los extras sólo reconocí a Albero L. (hijo), que como tú muy bien me habías indicado era fácil de ver, y a Paula, la sobrinísima de mi cuñadísima, que sale al fondo en algunas escenas del "cara al sol". OJALÁ VAYÁIS a Jolibud!!!!!
P.D. Habrá más comentario rosa, prometido
Encarna

EMITIENDO PARA TODA LA GALAXIA dijo...

E que a miña sobriña e facil vela, con esa altura que ten!!

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

A altura influíu, pero tamén recordar cómo ía vestida: esa faldiña "rosa palo" deume a clave (creo que todas as que aparecen con ela ían de oscuro). O que non conseguín recoñecer por máis indicacións que me dera Aurora foi o traseiro do seu fillo. Parece ser que nunha das primeiras escenas do "Cara al..." o noso amigo Víctor sae de espaldas. Eu debería estar acostumbrada a velo así (xa el se encargou de contar que na ruta do bidueiral foi sempre diante e que os demáis fomos arrastro del), pero ca emoción non conseguín velo. O que sí vin foi o agradecemento expreso ó pai do artista e "santo" da antes citada Aurora. Quedádevos ós títulos de crédito e alí veredes u flamante: AGRADECIMIENTOS: CONCELLO DE MONTEDERRAMO, ANTONIO RODRÍGUEZ E DAVID FERNÁNDEZ

J. Rogelio Rodríguez dijo...

A mí sí me ha guatado la película pero sin llegar al entusiasmo, a la emoción.
Sobre la sombra inevitable que proyecta el libro (esa magna colección de relatos concatenados) no voy a añadir nada diferente sobre lo ya comentado por Aurora y Altazor.
En cualquier caso, creo que merece la pena ir al cine y disfrutar de la película sin prejuicios ni ataduras ideológicas. Es una buena película, a pesar de que a algunos no nos provoque las emociones del libro.

Anónimo dijo...

A min a película tamén me gustou. Sobre todo a interpretación de Maribel Verdú. O peor Martiño Rivas. Non debería saír do internado porque mira que é malo malo.

glorioso dijo...

O anterior comentario é meu.

encarna dijo...

José Luis, si tienes oportunidad lee el libro (si no lo has hecho ya), especialmente el 2º relato, y luego dime qué te parece.