domingo, 26 de octubre de 2008

O OUTONO, AS SETAS E O MAGOSTO.


Levo unha hora no panoramio vendo con envexa sana as fotos de Maiscargada sobre o Castro, o outono, as setas... Dame moita pena non poder estar por aí nesta estación na que todo se pon tan espectacular. Creo, de feito, que é a época do ano estéticamente máis impresionante.

Intento consolarme pensando que dentro de cinco días por aí andarei, ainda que un fin de semana non me chegue a nada. Espero poder ver in situ as árbores da piscina, facer algún roteiro (para torpes, que xa vos coñezo e sodes demasiado profesionáis para min) e por suposto comer castañas a esgalla e chourizo con moderación. Tampouco me importaría probar algunha das setiñas da foto...
Como agora parece ser que empeza a temporada de setas por aquí abaixo, quedaddes todos invitados a vir buscalas, jeje.
As fotos, como xa dixen, son "roubadas" a Maiscargada. Pinchade no enlace que temos dende o blog, merecen moito a pena






4 comentarios:

J. Rogelio Rodríguez dijo...

Cuento las horas que restan para celebrar O Magosto...

Buenas noches.

EMITIENDO PARA TODA LA GALAXIA dijo...

Aquí estaremos esperando que cheguedes para fartarnos de castañas...

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

Moitas gracias polas alabanzas fotográficas. Ti o que queres é levar uns botes de chouparros, e por iso me fas a pelota.

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

NOOOOOOOOOOOOOOOOo, eso no, que a min facer a pelota dáseme moi mal. Creo que as setas xa mas teñen preparadas ;-)