Mostrando entradas con la etiqueta O castelo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O castelo. Mostrar todas las entradas

miércoles, 21 de noviembre de 2012

IMOS DE MAGOSTO!!

O día 1 de Decembro a noitiña a Asociación O Irrio organizará no Castelo o Magosto de este ano 2012.

O menú será o típico da festa: Chourizo con pan, Viño, Castañas e Bica.  E estará amenizado polo grupo de gaitas Airños de Caldelas (como non podía ser de outra maneira).
O prezo é de 8 euros e podedes vir todos aqueles que queirades, so tedes que avisar canto antes os menbros da Asociación: Teti, Alejandro,Natalia ou Juan, e tamen vos podedes apuntar na tenda do Rubio onde a Pepita tomará nota e recollerá os cartos.

Esta pretende ser unha das primeiras iniciativas que tentaremos desenrolar o longo de este inverno ca idea de animar a participación en diversas actividades e ca intención de recaudar fondos para a realización do Festival Ponte Louco 2013.












Xa sabedes NON FALTEDES!!!!!

jueves, 29 de octubre de 2009

Mellor castelo de Galicia







O programa a tarde realiza un concurso para escoller o mellor castelo de Galicia, entre os dez finalistas está o do Castro, así que dende aquí invitámosvos para que accedades e votedes.

lunes, 15 de diciembre de 2008

E seguiu nevando...

Así quedaba o castro onte a noite, pero estibo toda noite nevando e...
... apareceu todo ben nevado.

Os tellados todos brancos
E nevaba e nevaba...
A estrada de monforte, aínda que a primeiras horas a néboa non deixaba sacar moi boas fotos.

Ata o parque botellón estaba bonito...
E seguía nevando
Non, non é un novo prototipo da Xunta de Galicia, é que así estaban os coches

Fomos noticia: estiberon retransmitindo dende o Castro varias veces o longo do día.
Eses carambelos que de pequenos chupabamos, ... so de pensalo éntrame o frío.

E cando pola tarde abríu un pouco víase o explendor desta nevada
E para rematar outra imaxe do castro ben nevadiño, a ver se cae unha pouca máis de noite porque maña chove... unha mágoa

lunes, 3 de noviembre de 2008

Magosto





Chega novembro e empezan os magostos. Nós fixemos un no castelo, coma todos os anos. En fin que vos vou contar que non se saiba do magosto... as caastañas con moito verme e os chourizos algo fescos.

jueves, 16 de octubre de 2008

Premio Vicente Risco 2008

(O xurado do premio)
Maña, venres, celebrarase a entrega da decimoterceira edición do Premio Vicente Rico de Ciencias Socias.
O premio esta organizado pola Fundación Vicente Risco, da que forman parte a Fundación sotelo Blanco, o Concello de Castro Caldelas (ambolos dous foron os fundadores deste premio) e o concello de Allariz. O premio foi creado no ano 94, e a pesar de que algúns ano quedou deserto, no seu palmarés hai libros de grande interese.

Lois Ladra foi o premiado nesta edición cun estudo que leva por título A Pesca Tradiocional nos Ríos de Galiza. Ainda que non o pareza o estudo é moi innovador, xa que a práctica totalidade dos estudos sobre pesca son de pesca marítima-oceánica, cousa paradóxica segundo o autor xa que iso é capturar ou recoller, e a verdadeira pesca é a de río (eu engadiría a do litoral). Céntrase nesas "arquitecturas para a pesca", que se denominan pesquerías, caneiros, arcas, ... todo elo dende unha perpectiva multidisciplinar (histórica, xeográfica e económica).

viernes, 29 de agosto de 2008

Excavacións no Castelo

Andan facendo excavacións no castelo, concretamente:
Na porta que da para a rúa do Sol, onde a casa que era do Sr. Luis (actualmente do Manoliño)
No arco, a antiga torre que dá para a Rúa do Sol

E no interior da torre da homenaxe.


Os achádegos, segundo o arqueólogo, non son demasiado importantes polo de agora:
No ineterior da torre atopáronse restos dunha antiga muralla, que sigue a liña das paredes da biblioteca e que dá mostra de que é anterior tanto a esa edificación coma a actual torre da homenaxe.

Un candado na imaxe


Atopuse unha pedra redonda, coa forma coma se fose dun muíño.


E un pequeño canón, que debeu ser do pouco que escapou ó incendio dos franceses.

Ademais, Iria pedíulle permiso o arqueólogo para axudarlles a limpar algúns restos de cerámica atopados, e alí andaban os rapaces.