Mostrando entradas con la etiqueta Inverno. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Inverno. Mostrar todas las entradas

lunes, 9 de marzo de 2009

¿Inverno ou primavera?

Esto é o que vexo cando baixo as escaleiras da miña rúa ("Alzapiernas", imaxinade por qué) camiño da zona vella.

Se vou a pasear ó parque do príncipe atópome con estes arbustos en flor...
...con este tan curioso que mistura follas vermellas , verdes e frores (se alguén sabe o seu nome...).


O sol brila e a temperatura é de 19º, así que penso: XA ESTÁ AQUÍ A PRIMAVERA!



Pero seguindo co paseo doume conta de que non, de que aquilo que tanto se empeñaron en recalcarnos os nosos mestres (o inverno comenza o 21 de decembro e remata o 21 de marzo) algo de razón tiña. Coas frores e as follas explosionantes de cores mistúranse árbores como as de abaixo, que me encantan porque son, sin querelo, árbores de nadal casi perpetuos (tamén agradecería que alguén me dixera o nome). Están desnudos, non teñen nin un só brote, pero das súas polas colgan decenas de boliñas.

O último que vexo antes de saír do parque é esto:


Entón penso que igual os mestres de agora teñen que cambiar a cantinela das estacións.






miércoles, 17 de diciembre de 2008

A nevarada está dando moito de si

Un detalle que non podía faltar.
Como se pode ver a nevarada aínda resiste: eso si hai máis neve na Ponte das Táboas que no Castro. Algunha foto máis no Panoramio

lunes, 15 de diciembre de 2008

E seguiu nevando...

Así quedaba o castro onte a noite, pero estibo toda noite nevando e...
... apareceu todo ben nevado.

Os tellados todos brancos
E nevaba e nevaba...
A estrada de monforte, aínda que a primeiras horas a néboa non deixaba sacar moi boas fotos.

Ata o parque botellón estaba bonito...
E seguía nevando
Non, non é un novo prototipo da Xunta de Galicia, é que así estaban os coches

Fomos noticia: estiberon retransmitindo dende o Castro varias veces o longo do día.
Eses carambelos que de pequenos chupabamos, ... so de pensalo éntrame o frío.

E cando pola tarde abríu un pouco víase o explendor desta nevada
E para rematar outra imaxe do castro ben nevadiño, a ver se cae unha pouca máis de noite porque maña chove... unha mágoa

domingo, 14 de diciembre de 2008

Unha nevada en condicións




Este ano, polo momento, de neve ímos ben, pero no Castro o que se di nevar en condicións (que cuallase ben), creo eu que esta lévase a palma polo momento.






Se queredes ver máis fotos sobre a nevada teño algunha máis colgada no panoramio