martes, 6 de noviembre de 2007

A FALTA DE CHOUPARROS... BOAS SON CASTAÑAS


Esta fin de semana, aproveitando os festivos, funme toda contenta para o Castro coa sinceira ilusión de poder atopar algún chouparro, ainda que todo o mundo me dixera que non había nin un. Ó chegar atopeime coa cruda realidade: efectivamente, a falta de choiva impediu que o meu sono se cumplise. Tereime que conformar coas setas que atope por aquí (non quero darvos envexa, pero xa comín boletus dous días e lepiotas un).
De tódolos xeitos a fin de semana non resultou frustrante, non, nin moito menos, eso nunca pasa no Castro. Ó final organizamos un magosto e... ¡Ai, que castañas máis ricas...! Comemos chourizos, bebimos viño (vello, eso sí) e fartámonos de castañas que estaban boísimas. Celebramos o magosto na torre do reloxo do castelo. A verdade é que somos uns privilexiados de poder facer estas celebracións nun espazo tan fermoso.
Esto non foi o único bon da fin de semana. Ademáis fixemos duas rutas "preciosísimas" e puidemos disfrutar das cores do outono mais fermosas do mundo. De estas dúas rutas quero falarvos con calma, así que reservo a información para dentro de dous días ou así (estou esperando a que me envíen as fotos).
Outra cousa boa da ponte foi que o sábado se celebrou a feira: día soleado, bastante xente, churros pola mañá, polbiño para xantar...
Cando cheguei a Cáceres, na miña rua había unha castañeira e eu... sentín moita morriña do meu pobo!!!!!!!!!

2 comentarios:

Pili Alvarez dijo...

Morriña do teu pobo".Eu tamen fai anos sentin morriña dese mesmo pobo,e para nada me resultaba fustrante estar nel so que fose paseando.Agora teño a suerte de poder vivir nel e disfrutar de todas esas mesmas cousas que ti dices.Espero que ti consigas algun dia ,so que sea acercarte un pouco mais.Aproveito para darche as grazas por ser profe da miña filla
neses pouquiños dias.Fai vinte anos nin se nos pasaba pola cabeza semellante "acontecemento".

Anónimo dijo...

Gracias Pili. Lo de ser profe en el castro una semana fue un placer; lo de volver pronto para ahí cerca...sniffffffffff... acabo de enterarme de que este año no podré concursar, así que me tocará otro curso más en Extremadura!