Mostrando entradas con la etiqueta Historia do Festival. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Historia do Festival. Mostrar todas las entradas

martes, 29 de julio de 2008

LEMBRADE...









Como todos os anos lembramos a todos os Pontelouqueiros que nos axudedes a facer posible o PonteLouco ca compra da camiseta e dos chisqueiros, e que o botellón acaba co Ponte Louco, o sea que, consumide na barra, que os prezos son baratiños e así axudades a que se poda seguir facendo o Festival.



Tamén vos queremos lembrar que podemos ter visitas inesperadas e "secretas" no recinto do Festival, para que o teñades en conta e no haxa sorpresas, e por suposto que tedes a obligación de PASALO BOOOOOMBA E DE POÑERSE LOUCOS!!!!

miércoles, 1 de agosto de 2007

Programa do Ponte Louco 07



Programa

A partir das 12:00
Feira de artesanía (recordade que ese día hai tamén a feira quincenal no pobo)

A partir das 17:00
Xogos para nenos
mago-malabar Xacobe
Teatro: Trécola Teatro presentanos Nola e Albe

A partir das 21:30
Charanga Os Veraneantes

Concerto (22:30)
Os tres trebóns e o Vendaval do rosal
Fabulosos Cubatas e Fuckink brothers
Cuchufellos
Banda Potenkin

Recorda: O Ponte Louco é un festival que se autofinancia, senon mercades a camiseta, consumides no bar... non se lles pode pagar os artistas

martes, 24 de julio de 2007

PONTE LOUCO IV


E este é o cartel do cuarto Ponte Louco. Este foi un ano accidentado pois no último momento os de Tejemaneje deixáronnos colgados. Particularmente penso que gañamos co cambio porque no seu lugar viñeran DOCTOR COTOMONDONGO Y SUS METALES PRECIOSOS... UNHA AUTÉNTICA FESTA!!!!!!!!!!!!!!!! Xa sabedes que a miña memoria non anda ben, así que esta vez gustariame que foses vós os que comentades o festival dese ano, eu prometo ir engadindo as imaxes que teñan que ver co que digades ¿gústavos o trato?

O cartel deste ano é de Juan "Grifo" e o diseño da camiseta fixémolo os da organización (xa non nos quedaban amigos dos que abusar).

O CARTEL DO PRIMEIRO PONTE LOUCO




Gracias a Jose "Lisi" de Trives temos esta foto do cartel do primeiro ano. Teno na cabeceira da sua cama en lugar da típica figura dos anxiños rezando, que non lle pegan nada. Lémbrovos que o dibuxo deste ano fixerao Claudio e o cartel, Carlos. Pois gracias a todos. Por certo, Jose é o rapaz sorrinte de camiseta gris que vedes no medio do gaiteiro e do "bombeiro" que deron o pasarrúas do Ponte Louco IV.