martes, 29 de julio de 2008

LEMBRADE...









Como todos os anos lembramos a todos os Pontelouqueiros que nos axudedes a facer posible o PonteLouco ca compra da camiseta e dos chisqueiros, e que o botellón acaba co Ponte Louco, o sea que, consumide na barra, que os prezos son baratiños e así axudades a que se poda seguir facendo o Festival.



Tamén vos queremos lembrar que podemos ter visitas inesperadas e "secretas" no recinto do Festival, para que o teñades en conta e no haxa sorpresas, e por suposto que tedes a obligación de PASALO BOOOOOMBA E DE POÑERSE LOUCOS!!!!

4 comentarios:

sonsoñento dijo...

Vouvos facer unha pregunta que si no me queredes facer non me respondades,ahí va.
Que se fai co diñeiro que sobra?

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

Imaxino que esto ocurriríachese nesta tarde de retiro espiritual. Pois o diñeiro que sobra guardase para o ano. Por exemplo do ano pasado quedáronnos 600€, e así xa temos algo para este ano.

Río dijo...

PROGRAMA DE ACTIVIDADES SOCIO-CULTURAIS
SAN XOAN DE RÍO
VERÁN 2008

Mércores, 6 de agosto:

DÍA DA MULLER:
HOMENAXE AS MULLERES NA EMIGRACIÓN

Como xa ben sendo habitual, a Asociación de Mulleres organiza un día enteiro de actividades, este ano homenaxeando as mulleres na emigración.


Xoves, 7 de agosto

22:30 horas:
TEATRO:
IMAXINARIUM PLUS
Praza do Concello

Teatro Cómico.


Venres, 8 de agosto:

RUTA DE QUADS

Ruta de quads polos camiños do noso Concello. Apuntarse no Concello

RUTA DE CABALOS

Ruta de cabalos polos camiños do noso Concello. Apuntarse no Concello

22:00 horas
GRANDE CEA POPULAR
Pavillón

Anotarse antes do Mércores 6 no Concello de San Xoán de Río.
Prezo:10 €, menores de 10 anos de balde.

24:00 horas
ORQUESTA SOLARA
Campo da festa

Gran actuación da orquesta espectaculo Solara ata altas horas da madrugada.


Sábado, 9 de Agosto:

18:00 horas
ABERTIÑO DE BILLARDA
Pavillón

1º Abertiño de Billarda de Río, organizado pola “Liga Nacional de Billarda”. Anotarse no Concello ou o sábado antes das 17:45 no pavillón.
Colaboran:
VIEIROS
NOVAS DA GALIZA
Premio: Queixo, viño e bica.

18:00 horas
ANIMACIÓN CULTURAL
Praza do Concello

Animación cultural para os mais pequenos con multitude de xogos.

22:00 horas
ROCK IN RÍO
Campo da festa.

Preparate que este ano temos un cartelazo e virá xente de todo o país de festa a Río.

Tocarán:

CUCHUFELLOS
Ska, pachanga, ritmos balcánicos, troula

SKARNIO
Combat ska from Galiza

SKACHA
Punk, rock, hardcore


Domingo, 17 de Agosto:

DÍA DA BICICLETA:
CLINIC DE CICLISMO

Técnicas de conducción, maniobras de reparación, circulación en estrada, consellos prácticos, circuito práctico, sorteo de material.
Impartida por “Jesús Carballeiro”, campión galego de Mountan Bike.

Anónimo dijo...

eso agora, porque ó principio, sobrar, sobrar... moito non sobraba...