A pasada fin de semana estiven falando cos de Lumeares para ver como facíamos con ámbalas rotas que temos pensado facer. Despois de barallar varias opcións o que decidimos foi a que nos propuxeramos queda para o venres 21 de marzo, venres santo, e a que organizan a asociación de Lumeares queda (en principio) para o sábado 17 de maio, día das letras galegas, sen unha rota determinada (seguiremos informando). Entón parece que a rota pola que nos decidimos é a seguinte: O Castro, Camba, Fonte de Piñeira, Piñeira (aldea), O Burgo, Vía Nova, Vilamaior, A veiga (os petroglifos), Casares, Casasoá, Basteiros, Piscina, Os muíños e finalmente O Castro. Despois, como xa explicaramos imos comer á carballeira da Devesa, cada quen o que crea conveniente. Son aproximadamente 15,6 Km. de un nivel medio-baixo (só é de dificultade mencionable a subida dos canellos pola que chegaremos ó Castro).
Recordarvos que non é obrigatorio apuntarse, pero si recomendable para que poidamos saber con canta xente temos que contar ou esperar por alguén. Para apuntarse chamar ao Centro Comarcal: 988204630 ou enviarlle un mail á cctcaldelas@comarcasdegalicia.com
Seguiremos informando.
4 comentarios:
¡Qué apeteciiiiiiiiiiiiiiiiiible! Todavía no sé si podré ir o no..., si es así, me quedaré con las ganas y la envidia corrosiva!
E o camiño ¿esta ben? Quero decir,¿hai que levar algo especial por si hai oita auga ou algo así?
Eu fíxeno en decembro (bueno, realmente non enteiro, so cheguei ata piñeira e alí demos volta). Había unha parte, xusto antes de chegar a dita fonte, na que o camiño estaba bastante enfangado e tivemos que subir por un lameiro. Da parte da ruta que eu coñezo é a única na que se pode atopar auga no chan, nas demáis non había nengunha dificultade.
Como ben di o último anónimo ese é o principal problema os camiños enfangados, e estes poderemolos atopar na zona que vai do río (que por certo hai que cruzar, pero sen problema) ata piñeira e a de Vilamaior á Veiga. Son dous trozo pequenos, que sempre cabe a posibilidade de ir polos lameiros do lado.
Non é unha ruta pra portentos físicos, pero ten zonas que son sendeirismo propiamente dito, e eso conleva certas dificultades.
Publicar un comentario