Mostrando entradas con la etiqueta Andaina por caldelas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Andaina por caldelas. Mostrar todas las entradas

jueves, 21 de abril de 2011

Pospoñemos a camiñada


Ante as máis que malas previsións do tempo imos pospoñer a saída, deixandoa cara o verás (xa informaremos das datas).


Desculpade as molestias. Seguiremos informando.

martes, 19 de abril de 2011

ANDAREMOS SE NOS DEIXAN


Como se di nestes casos: "si el tiempo lo permite" levaremos a cabo a andaina o venres, pero avisarvos que as noticias do tempo son bastante, por non decir, moi malas e se segue esa previsión aplazaremos a andaina para máis adiante.

viernes, 8 de abril de 2011

Mapa da camiña

Este é o percorrido, dun xeito máis visual.

Recordovos que non é imprescindible apuntarse pero é algo que agradeceriamos.

lunes, 4 de abril de 2011

Camiñada por Caldelas


Despois de dous anos recuperamos esta andaina o próximo 22 de abril, venres de semana santa. O percorrido modificámolo con respecto ao anterior, será máis curto, de uns dez quilómetros.

Esta vez sairemos do Castro en dirección ao muíños polos canellos. Dende aquí seguiremos o río ata a área recreativa da ponte das Táboas e continuamos ata debaixo de Concedelle. Dende alí subiremos ata Basteiros, pasando por Casasoá e Montemiau. Tras pasar pola fonte de Piñeira cruzaremos o Río Caldelas e subiremos por Camba para chegar ao Castro. A idea é facer o xantar na carballeira da Devesa (que cada un leve a súa comida).

O percorrido non é moi longo pero é duro. É imprecindible levar calzado impermeable.

Recordarvos que non é obrigatorio apuntarse, pero si recomendable para que poidamos saber con canta xente temos que contar ou esperar por alguén. Para apuntarse chamar ao Centro Comarcal: 988204630 ou enviarlle un mail á cctcaldelas@comarcasdegalicia.com.

En breves días colgaremos un mapa e máis información.

domingo, 5 de abril de 2009

Actividades en Semana Santa no Castro


Como xa saberedes o venres faremos a II Andaina por Caldelas. Esta non é unha andaina ó uso, simplemente é un xenito de xuntanos todos aqueles que nos gusta camiñar, así que non é preciso realizar ningunha inscrición, pero séría bo que souberamos quenes son os que van a participar para amañar certas cousas. O percorrido son 16 km, que hai xeitos de recortar, segundo cada quen. O que si recomendamos é un calzado impermeable xa que o percorrido ten bastante auga (e incluso non virían de máis uns calcetíns de reposto). A comida vámola facer na área recreativa da Ponte das Táboas e cada quen ten que levar a súa comida. A saída é as des da praza do prado, pero se pode ser chegade antes para ver se levamos a comida a ponte das táboas e deixamos alí algún coche e esas cousas.


O Xoves, no castelo, as 19:00; presentación da curta Na Distancia de Victor Hugo Seoane, de Parada do Sil. O remate o director fará un pequeno coloquio no que dialogará cos asistentes.


Noutra orde de cousas a cafetería rubio organiza un concerto o venres, son un dúo de moi bos guitarristas chamados Mario Cea & Tamaríz. Ademais hai unha exposición de pintura no Centro Comarcal de Andrés Baldonedo

martes, 10 de marzo de 2009

II andaina por Caldelas






Por segundo ano, a Asocición O Irrio, en colaboración co Centro Comarcal Terra de Caldelas, organizaremos unhas saida camiñando polas terras de Caldelas o venres 10 de abril.

O percorrido será moi parecido ó do ano Pasado: Castro Caldelas, o Toural, Camba, Ponte das Táboas, no caso de que o río vaixe con forza iremos pola estrada; Fonte de Piñeira, Piñeira (pobo), O Burgo, Camiño Real (Vía Romana), aquí posiblemente fagamos a única modificación con respeto ó ano anterior achegandonos ata S Pedro e Cacidrón; logo iremos ata Vilamaior, cruzaremos a Veiga onde veremos os petroglifos, Casares, Casasoá, Basteiros, e logo iremos un bo rato polas veiras do Río Caldelas, onde poderemos ver cinco muíños, ata chegar á Ponte, onde subiremos cara o Castro. Se o queredes ver de xeito máis detallado hai un folleto co seguinte texto.
Non se fai inscrición, pero si se recomenda apuntarse no Centro Comarcal: 988204630, ou por mail: cctcaldelas@comarcasdegalicai.com; ou no foro deste blog.
Ademais se queredes ver máis fotos podedes facelo no Panoramio.
Por último anunciar que os de Lumeares tamén farán a súa andaina o 16 de maio.

jueves, 3 de abril de 2008

Fotos da Andaina


Para ver máis fotos visita:

Neste flickr iremos colgando as fotos, que por cuestión sobre todo de espacio, non nos caiban no blog. Así todos poderedes ver todas as fotos. Ahora mesmo se cliqueades encima entrades directamente no flickr do Pontelouco, e se dentro de este vades a Albumes veredes as distintas carpetas que hai de fotos, a día de hoxe temos duas: as da andaina e as do festival do ano pasado 2007.
Tamén os daríades conta de que estreamos cabeceira no blog con unha foto que representa o cen por cen o que é o Festival.

martes, 25 de marzo de 2008

FOTOS ANDAINA



E como seguen chegando seguiremos publicando.... Esto é antes de chegar o final do percorrido, estabamos moi ledos porque inda non sabiamos a costiña nos quedaba. Despois xa non se nos quedou esa cara.

A cara que se lle quedaba a un despois da costiña era esta....

lunes, 24 de marzo de 2008

Andaina por Caldelas







Moitas gracias a os 28 que fumos de rota: os nenos, os de Vigo, os de Luemares, os do Castro, ... A verdade non pensabamos que nos foramos apuntar tantos, e iso que houbo algunha baixa de última hora.
Motas gracias a Dori polas fotos, que si queredes conseguir, só tedes que enviar un mail a festivalpontelouco@hotmail.com ou a cctcaldelas@comarcasdegalicia.com, e xa volas enviamos. Xa iremos colgando máis fotos.
O camiño foi ben, a algún fíxoselle longo, e como avisamos había bastante auga, pero creo que quedamos todos contentos.
Como podedes ver os de Lumeares teñen previsto unha rota para 17 de maio, xa vos iremos informando do traxecto e demais. Nos tamén pensamos en facer unha en agosto polo bidueiral, en principio témola pensada para o 23, pero aínda queda moito.

sábado, 15 de marzo de 2008

Andaina por Caldelas IV

Este é o texto do folleto que preparou a Dori dende o Centro Comarcal. A todos os que vaiades á rota vaisevos dar unha copia, pero se non podedes asistir e queredelo ter, podedelo pedir alí ou por mail





Dende Castro Caldelas dirixímonos ó barrio do Toural deixando á dereita a casa do Concello e subindo por unhas escaleiras entre casas con galerías ata a parte mais alta do pobo, rodeamos o recinto feiral deixándoo á nosa dereita e pasando o bar Toural vemos o indicador de San Xoan de Camba cara onde nos diriximos, outro cartel nos avisa onde teremos que desviarnos da pista para chegar á igrexa do antigo mosteiro. Pasamos ó seu lado e seguimos o camiño que baixa xunto ó camposanto.

Á dereita do camiño podemos observar un exemplar de Acivro e máis adiante unha granxa ó pe da C-536, aquí xiramos á dereita avanzando paralelos á estrada por unha elevada. Chegamos a un cruce onde tomaremos o camiño da esquerda para atopamos co río Edo.

Debémolo cruzar, no verán é moi doado xa que pasa case seco por esta zona. (En caso de que vaia moi alto retrocederemos para cruzar pola ponte da C-536.)

Seguimos rectos polo camiño onde poida que nos atopemos unha zona enlamada, para rodeala temos a posibilidade de ir por unhas fincas paralelas ó camiño e así chegamos a outro cruce de camiños mais ancho, tomamos á dereita e camiñando uns minutos por un sendeiro estreitiño atopamos a Fonte de Piñeira fonte de augas mediciñais sulfurosas e amónicas de baixa concentración (fixarse na inscrición que nos indica o ano da súa construcción 1867...).

Retrocederemos ata o último cruce pasado e agora seguimos á dereita cara o pobo de Piñeira, deixándoo cara atrás de camiño ó Burgo. Dende aquí e seguindo o “camiño real” tiramos cara Vilamaior, pasando cerca de San Pedro e enlazando coa estrada que se fixo aproveitando o trazado da Vía Nova (vía romana XVIII, ou de Antonino).

Por detrás da igrexa de Vilamaior seguimos este camiño de orixe romano pero no primeiro desvío torcemos á esquerda ata a Veiga de Sas onde nos acercaremos a ver uns petróglifos conservados en dúas rochas ó pé dunha columna do tendido eléctrico.

Cruzando a estrada C-536 imos agora ata ós Casares e dende alí a Casasoá para subir cara Basteiros, pobo no que xa hai tempo non vive ningún veciño. Teremos que seguir un pequeno tramo por unha pista ata desviarnos agora xa en baixada cara o río de Sas e seguilo á súa veira ata chegar á área recreativa da Ponte das Táboas. Neste tramo xa vemos restos de dous muíños, un deles aínda conserva no seu interior a pedra de moer. Na área recreativa enlazamos coa ruta dos muíños propiamente dita.



RUTA DOS MUIÑOS: O primeiro tramo desta ruta é un sendeiro pola ribeira do Río Edo ou río de Caldelas.A dificultade do camiño (ata chegar á estrada) é moi baixa, sendo ideal para nenos e para xente de idade avanzada.
1º Muiño:"MUIÑO DO RIZO". Aparece á nosa dereita e está oculto pola vexetación. Presenta un estado ruinoso.
2º Muiño:"MUIÑO DO VAO". Aparece á nosa esquerda e podemos acercarnos ata el cruzando una pequena ponte de pedra, pero a nosa ruta continúa polo lado dereito onde tamén podemos observar"A CASA DO MUIÑEIRO".
Variante: ó cruzar a ponte á dereita e cara arriba podemos tomar un camiño que sube ata o cruce de Alais e de alí pasamos directamente a Castro Caldelas polo barrio de Trascastro (ás veces a maleza é demasiado alta e non se pode seguir este tramo).Seguindo pola nosa ruta podemos observar á dereita unha ROCHA BRANCA DE CUARZO.
3º Muiño:"MUIÑO DA PONTE". Antes de chegar vemos con claridade a presa e a canle que conducen a auga do río ata o muíño na marxe esquerda. Para pasar por diante del temos que sair á estrada que ven de Alais, cruzar o río e seguila cara arriba facendo un zigzag dobre pola mesma estrada ata enlazar cunha pista de terra á dereita. Seguirémola subindo ata atopar un desvío á esquerda do sendeiro que entre carballos e castiñeiros ascende con pendente pronunciada a Castro Caldelas.


Chegamos ó pobo saíndo directamente á estrada de Monforte case á altura da Praza do Prado, pero tamén poderíamos subir ó Cima da Vila por un camiño alternativo:
Ó chegar á estrada de Monforte tomamos á dereita, e un pouco mais abaixo cruzámola, onde rematan as casas vemos un sendeiro que sube moi empinado directamente ó Cima da Vila, o camiño está marcado con estacas e cordas brancas e rodea totalmente o cemiterio (tamén se pode entrar nel para disfrutar das vistas dende o campanario da Igrexa de Santa Isabel) despois seguimos o camiño para rematar a ruta polas rúas do casco antigo en torno ó Castelo dos Condes de Lemos.

martes, 11 de marzo de 2008

Andaina por Caldelas III


Recordarvos que o venres 21 deste mas de marzo realizaremos unha andaina. Como xa dixemos en anteriores ocasións o recorrido parte do Castro polo Toural en dirección a Camba. De alí baixamos ata a Fonte de Piñeira, para o que teremos que cruzar o Río Caldelas. Logo subiremos ata o pobo abandonado de Piñeira e posteriormente ó Burgo.
O seguinte camiño será parte da Vía Nova, que nos levará ata Vilamaior, onde torceremos en dirección Casares, e pasaremos o lado duns petroglifos. Continuaremos por Casasoá, e outro pobo abandonado: Basteiros. Logo baixaremos ó Río, que seguiremos durante un bo treito, pasaremos pola Área recreativa do Ponte das Táboas, e Chagaremos ata o Muíño da Ponte, onde comezaremos a subida ó Castro para chegar polos canellos.



Recomendacións:
Levar calzado impermeable e cómodo, e roupa axeitada.
Levar comida e bebida para o recorrido.
Avisar á organización da túa paticipación. Pódelo facer no mail cctcaldelas@comarcasdegalicia.com ou por telefono no 988 204630.


A distancia son aproximadamente 15,6 Km. de un nivel medio-baixo.
Seguiremos informando

lunes, 18 de febrero de 2008

Andaina por Caldelas II


A pasada fin de semana estiven falando cos de Lumeares para ver como facíamos con ámbalas rotas que temos pensado facer. Despois de barallar varias opcións o que decidimos foi a que nos propuxeramos queda para o venres 21 de marzo, venres santo, e a que organizan a asociación de Lumeares queda (en principio) para o sábado 17 de maio, día das letras galegas, sen unha rota determinada (seguiremos informando). Entón parece que a rota pola que nos decidimos é a seguinte: O Castro, Camba, Fonte de Piñeira, Piñeira (aldea), O Burgo, Vía Nova, Vilamaior, A veiga (os petroglifos), Casares, Casasoá, Basteiros, Piscina, Os muíños e finalmente O Castro. Despois, como xa explicaramos imos comer á carballeira da Devesa, cada quen o que crea conveniente. Son aproximadamente 15,6 Km. de un nivel medio-baixo (só é de dificultade mencionable a subida dos canellos pola que chegaremos ó Castro).




Recordarvos que non é obrigatorio apuntarse, pero si recomendable para que poidamos saber con canta xente temos que contar ou esperar por alguén. Para apuntarse chamar ao Centro Comarcal: 988204630 ou enviarlle un mail á cctcaldelas@comarcasdegalicia.com



Seguiremos informando.