martes, 25 de marzo de 2008

FOTOS ANDAINA



E como seguen chegando seguiremos publicando.... Esto é antes de chegar o final do percorrido, estabamos moi ledos porque inda non sabiamos a costiña nos quedaba. Despois xa non se nos quedou esa cara.

A cara que se lle quedaba a un despois da costiña era esta....

11 comentarios:

encarna dijo...

Más envidia cochina que me corroe!!!!!!!!!!!!! En esta foto reconozco a gente que no había visto en las otras.
Por cierto, la cuestecita se las trae, pero es un camino PRECIOSÍSIMO y que está al lado del pueblo. tenemos que promocionarlo más (me imagino que Dori ya lo estará haciendo)

Natalia dijo...

Como a xente non se anima moito a comentar a andaina, vou dar a crónica do que foi para min o paseiño.
Empezamos o día cun potente almorzo no bar do Grilo, que por certo tiña un pan de Cea, que era unha maravilla. Ali xa nos saliron Dori e Alfonso.Juan e máis eu estabamos algo preocupados por si a xente non se animaba, pero de seguida comezaron a aparecer os nenos , os amigos de Lumeares, uns turistas de Vigo que estaban en Parada e por suposto os do Castro.
Comezamos a ruta e fixemos a primeira foto de grupo en Camba. Un dos mellores momentos estaba a punto de chegar, tivemos que pasar (podería decir vadear, pero sería algo esaxerada) o río e alí descubrimos que: “hai que mollarse”.Ca axuda de todos e os indispensables bastóns Quechua estivo chupado. Teño que decir que nas primeiras zonas de auga a xente estaba algo reticente a mollarse, pero según avanzou a ruta xa nos fumos acostumando a meter o pé de vez en cuando nun charco que outro.
Paramos en Piñeira e hubo algúns osados e atrevidos que probaron as augas.
Seguimos ruta, saltando paredes (cada un co seu “estilo propio”), atravesando campos torcendo algún tobillo, con algunha parada para descansar e tomar un refrixerio, e despóis de moito andar (vou resumir un pouco se non esto lévame toda a mañá), fomos percorrendo a mayor parte do camiño.
Comemos na piscina do Castro e percorremos, para min, a parte máis bonita da andaina pola beira do río ata chegar a famosa costiña, na que o pelotón se estirou debido a que os dous que ían en cabeza impuxeron un ritmo moi, pero que moi forte (había comentarios de que na subida estabamos a apostar os cafés de fin de andaina, je,je).Os fumadores aproveitamos esta última parte do camiño para limpar algo os pulmóns.
Resumindo, eu paseino bomba, e espero non haber sido a única.
Rematamos a xornada dormindo unha siestiña, que nos veu de medo, e algúns “bravos do Castro e Lumeares” inda aguantamos ata as seis da mañá.

Anónimo dijo...

A andaina quedou explicada como dios manada. E por alusións, como eu era un deses que lle deu por correr na última subida, aproveito para excusarme dicindo que xa levaba ganas de ver o Castro.
E a modo de proposición, non estaría de mais falar cos propietarios da marca Quechua e que patrocinen a próxima andaina e se curren so que fora unha cea, xa que a conta nosa ben se puderon pegar eles unha semana santa a todo confort (eu non a cambio pola miña eh...).
Oscar.

Anónimo dijo...

A andaina foi moi divertida.A xente era moi amable. Eu cansei moito .Menos mal que fixemos descansos.E a auga de Piñeira que nos deu forza pra saltar rios, paredes e o que fixera falta. A xente dos pobos poñiase contenta de vernos. Ao chegar a piscina eu estaba cansadísimo senteime no balancín, fun mais feliz, comin o meu bocadillo de tortilla casi durmido.A última costa costou de carai.E chegamos ao Castro, ahi si que me puxen ledo.estaba como en coma.Ao chegar a casiña tiña mais peso nas botas que no corpo xa que levaba moito barro.E os organizadores levan un 10.
Víctor

Anónimo dijo...

Eu tamén o pasei en grande, sobre todo grazas á compañía de 9 xoias, a saber: ademais dos tres ases da foto final sentados nun banco do Prado Javier, Victor e Ignacio acabaron a ruta Patricia, Conchita e Lucía, bastante sobradas de forzas, por certo (Lucía ainda subiu correndo a costa do concello para coller auga na fonte).
Como cambiamos os planes á última hora e non chegamos a comer ó Castro tiveron que deixar a ruta antes do previsto María, Yoli e Federico, que tamén levaron un ritmo xenial todo o tempo. Ah! e Ana, que me olvidaba, tamén nos acompañou unha miguiña ata os Casares.
A todos un 10 e que sepades que esto non fixo mais que empezar. Contamos con vos para a próxima (que por certo non levará ningún kilómetro extra de regalo).
Dory

Natalia dijo...

Estamos encantados de que o pasarades ben, e esperamos facer outra o máis pronto posible. Víctor, nos tamén o pasamos moi ben contigo e solo temos unha pregunta ¿tíñanse os pantalóns de pé solos cando os quitaches co barro que levaban?.

Natalia dijo...

Miraremos de falar logo cos de Decathlon a ver si se animan e nos patrocinan a próxima andaina, que nos por unha boa cena se fai falla imos uniformados.

Anónimo dijo...

Con lo que algunos/as nos reímos de los famosos "piolets" quechua..., pero lo bien que vienen después para las cuestas ¿no me diréis que más de uno no echó de menos los bastoncitos cuando iba por la última cuesta?

aurora dijo...

Yo también le pongo un diez a la andaina, así que si se organizan más, ya estoy apuntada.
De los pantalones de Víctor me ocupé yo, of course, y mejor no te lo cuento.

Anónimo dijo...

Eu paseino xenial !Eu non lle dou un 10 doulle un 20 !!!
Na próxima andaina levarei o meu bastón personalizado,tamén levarei o Alejandro e a dormilona da Lauriña e como non pode faltar o noso Sulete,que tanta rabia me deu non habelo levado,pos pasaríao moi ben con Víctor e os demais nenos.
Así que espero que me pase o tempo pronto,pois xa teño ganas de comezar a andaina de agosto con todos vos e cos novos compañeiros que se unan.
Un biquiño e noraboa os organizadores.

Teti

Juan Osorio dijo...

Gracias a todos, e dicir que os que organizamos esto tamén estamos moi contentos, foi para nós unha sorpresa a alta participación para esta primeiro experimento. Esperamos que vos animedes nas seguintes... e para a de Lumeares non queda nada...
O problema é coma manter o listón tan alto, porque eu creo que esta rota é xenial: circular, pouca dificultade, en calquera momento pódese recortar,... pero bueno algúnha idea queda por aí.
Seguiremos informando