jueves, 7 de febrero de 2008

O PONTELOUCO POLO MUNDIÑO ADIANTE.

Este entroido algúns dos que axudamos no Ponte Louco non pudemos coller vacacións e tivemos que ir de viaxe promocional polo mundiño adiante. Esta vez o lugar elxido era "París de La France" (por aquilo de que está moi de moda polos líos amorosos do seu presidente). A sorte quixo que os reporteiros elexidos fosen "Jotapuntoelepunto" (tamén coñecido como Milucho) e "Epuntoopunto" (sen outros datos). Os pobres quedaron sen vacacións e sin cartos no peto, pero fixeron a súa labor como puderon (a pesar dos contratempos, que os houbo). Jotapunto tiña encomendada a misión de falar con Carla (Bruni, por suposto) e contarlle que era eso do "Ppuntoelepunto", como ela se dedica (¿ba?) a iso da música supuxemos que nos faría caso. Un problema de conexión entre ambos reporteiros impide que vos conte con máis detalle cómo foi exactamente o encontro. Así que: JL, MANIFÉSTATE E CÓNTANOS CÓMO CHE FOI. A reporteira feminina tiña que entrevistarse nin máis nin menos que co mesmiño Sarkosy. Il foi un perfecto Monsieur e, cando foi informado de todo, exclamou: Oh, la la, c´est une idee magnifique; très bien, trés bien (ou algo así). O caso é que quedou en ter colgado durante todo o mes de xullo un cartel promocional do noso festival nin máis nin menos que na torre Eiffel (de arribiña a abaixo, que non é moco de pavo). Xusto no momento en que firmabamos o pacto a cámara de fotos quedou sen batería, pero, para mostra un botón: o pin do pontelouco (que se ve mal, xa o sei) o pé da Torre.
Tan contento quedou este home que nos cedeu un cohe da súa colección privada (un tipo Starky y Hutch) para que nos movésemos o resto do día e fósemos visitar ó noso segundo "home": Quasimodo...

Sí, sí, xa sei que moitos estaredes decindo agora iso de: "¡pero si está morto!". Pois non, non é verdade. Recibiunos aquí, na súa casa (preciosa, por certo) e dixo que se retirara do mundanal ruido porque, dende que a xente descubrira que era fermoso por dentro, non o deixaban vivir. Díxonos iso de : Photos non s´il vous plaît! E nós respetámolo.
A il tamén lle pareceu unha idea fermosa e confesounos que no castelo do Castro, onde celebramos o festival, TEN UN AMIGO!!!!!!!!!!!! Alucinante, debe ser algunha pantasma dos pasadizos, non sei. O caso é que il tamén se fará eco de que o 2 de agosto do 2008 en Castro Caldelas (Ourense) celebrarase de novo o festival Ponte Louco. A súa idea é vestir as famosas gárgolas de Notre Dame con todos os modelos de camisetas que fagamos.
E isto é todo pola miña banda. Jotapuntoelepunto: espero as túas fotos e comentarios. E a TODOS OS AMANTES DO FESTIVAL DECÍMOSLLE: se ides polo mundo adiante facede o mesmo ca nós: PROMOCIONADE O FESTIVAL, FACEIVOS FOTOS COAS CAMISETAS, PINS OU CHISQUEIROS DO FESTIVAL E CREAREMOS UNA NOVA SECCIÓN: O PONTELOUCO POLO MUNDO (enviade todo ó correo do festival).

No hay comentarios: