jueves, 19 de marzo de 2009

Anxo Moure: Contador de historias



Dende que nos coñecimos tivemos claro que o queriamos traer o Ponte Louco, e el que quería vir. E cando as dúas partes queren é sinxelo chegar a un acordo.
Os seus non son simples contos no que se desenvolve unha historia. Ademais diso Anxo vai moito máis aló e contanos historias cotiás do noso mundo nas que a violencia, inxustiza, fame, ... están presentes. Porén, este ecopacifista non conta historias tristes; sabe transmitir unha visión positiva e que cada un de nos pode, dendcalquera lugar, facer moito por cambiar as cousas.
O día do Ponte Louco chegará na súa bici, contará as súas historias, fará gozar a nenos enon tan nenos e incluso pode que remova algunha conciencia.
Se queredes saber máis sobre el e sobre a ONGD Bicis pola Paz vistade a súa web

5 comentarios:

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

é moi boa noticia, so espero que esta vez non pinche.

J. Rogelio Rodríguez dijo...

Acabo de entrar en su web y lo poco que he podido leer no tiene desperdicio. Especialmente si cineteca.

Un abrazo.

lorenrose dijo...

Coñecín a Anxo Moure en Chantada e penso que fai unha labor moi especial; coloboraba na cadena ser (creo recordar que os martes a mediodia) e a verdade era un gustazo escoitalo, sempre subido a algunha árbore denunciando algún verquido ou barbaridade similar... moi boa elección, si señor

bicos a tod@s

alegria dijo...

a do comentario anterior son eu, o forestal non sabe que é pero a ver se se anima este ano ó ponte louco para coñecelo...

EMITIENDO PARA TODA LA GALAXIA dijo...

A ver se se anima non, contamos con el!