
Onte tivemos en Ourense a oportunidade única de asistir a presentación do novo libro de Eduardo Galeano “Espejos, una historia casi universal”.
Galeano nesta presentación falounos das súas novas historias, historias que percorren As Cavernas, o Nilo, as resurreccións de Jesucristo ou do mesmo Zapata, historias que reúnen o cotián ca denuncia, o humor e a ironía, que falan de xente que estivo nas grandes hazañas pero que non foron os protagonistas, historias de galegas coma Emilia Pardo Bazán ou como Concepción Arenal, en fin, historias.
E un auténtico luxo haber podido asistir a esta presentación, e recoméndovos que se tedes a portunidade e vos queda cerca que vos acheguedes a velo e que merquedes o seu novo libro, porque xa quedan moi poucos que relaten e conten a vida coma o fai Galeano.




















Xa temos grupos, digo grupazos, para o Ponte Louco 08. 




