lunes, 15 de septiembre de 2008

LOS GIRASOLES CIEGOS: LA PELÍCULA





Este fin de semana fun ver a película de Cuerda. A verdade é que estaba expectante polo resultado final debido a dous motivos: baséase xustamente nos dous relatos do libro que máis me gustaron e, ademais, unha parte foi rodada en Montederramo e con extras coñecidos. Hei de confesar, e confeso, que me decepcionou un pouco. Xa sei que é un tópico iso de dicir que as películas nunca chegan ao nivel dos libros, pero creo sinceramente que esta vez é totalmente certo. O segundo relato do libro de Méndez: "Segunda derrota: 1940 o Manuscrito encontrado en el olvido" é dunha intensidade emocional incrible. A técnica utilizada imita a xa clásica do manuscrito atopado, presente na historia da nosa literatura xa desde as novelas de cabalerías e tan ben recreada polo archicitadísimo Cervantes. Neste caso, o devandito manuscrito aparece á beira de dous cadáveres e é un caderno no que, a modo de diario, un home recolle os últimos días da súa vida e da súa fuxida. Na película este relato aparece de xeito prácticamente anecdótico e sen achegarse, nin de lonxe, á intensidade que transmite o relato. "Los girasoles ciegos", que dá nome tanto ao libro como á película, si é máis fiel á historia de Alberto Méndez. Aínda así, sígome quedando co relato pois nel tanto a psicoloxía do Irmán Salvador como a de Ricardo e Elena, e ata a de Lorenzo queda moitísimo máis perfilada que na película. A estrutura do relato tamén me convence máis... pero como non quero destriparvos ambas cousas (libro e peli) recoméndovos que vaiades ao cine e logo xulguedes por vós mesmos.
En canto ás interpretacións, quédome coa de Raúl Arévalo. Maribel Verdú ten momentos moi interesantes, pero convenceme máis o primeiro. Pola súa banda, Javier Cámara está na súa liña: sobresaliente, por iso xa é difícil que me sorprenda. Sempre o fai estupendamente.
Los girasoles ciegos é unha das tres películas seleccionadas para representar a España nos Óscar, a ver se ao final é a elixida

viernes, 12 de septiembre de 2008

O Avelino versionando ós chunguitos

Dame veneno que quiero moirir, prefiero subir al cielo que vivir contigo...
PAN PARA MORIR

Remedios 08: Orquestra Amistade de Vigo

O final do final, na verbena do día 10. Ai que ben o pasamos

COLGADOS NAS BANDEIRAS


















jueves, 11 de septiembre de 2008

QUE REMEDIOS!!!!!!!












E de cenar, setas



Agora vai a entrada das festas, pero antes imos cenar, que andivemos ós chouparros pola tarde, e xa hai máis que o ano pasado, que tampouco é moito dicir. Unhas poucas lepiotas e algún boleto, faiseme a boca auga...

¿VIVEN?

As festas do Castro remataron. Hainas que amenazaban con entonar o "Pobre de mí" e logo cair nunha profunda depresión. Os que non tivemos a sorte de estar ata o día 10 QUE-RE-MOS-SA-BER!!!!!!!!!!!!!!!! Por exemplo: ¿cal foi a última modalidade de loucura que inventastes para o día 10 (supoño que o de aspirar o elio dos globos e o do partido solteiros-casados das cinco da mañá xa está moi visto), ¿qué tal as orquestas?, ¿pelexou con vós a dos cochitos?, ¿conseguiu o Víctor cartos suficientes para facer as 24 horas nos cochitos?, ¿cal foi a "Jardinera Remedios 2008?, ¿qué parte do corpo lesionou Natalia?
Ocúrrenseme moitas máis preguntas, pero vouvos dar tempo para que reaccionedes e nos poñades ó día (se pode ser con fotos e vídeos sería xenial).
Se alguén quere saber máis, que pregunte!!!!

miércoles, 10 de septiembre de 2008

Vinte anos non é nada II


Acaba de enviarme esta foto Eladio, recen saída do forno.

Como podesde ver faltan algúns miembros, pero hai que loitar contra os elementos, o traballos, ...

viernes, 5 de septiembre de 2008

Vinte anos non é nada



Vinte anos non é nada, ou polo menos iso é o que dicía o tango de Gardel. A min paréceme que si, que estes vinte anos que o día sete fai que actuamos por primeira vez, teñen moito que contar, moitos recordos, experiencias,…
O caso foi que os Airiños formáronse aló polo 82, pero cinco anos despois, o Luis do barrendeiro decidiu poñerse cuns rapaces que debutariamos ese sete de setembro do 88. Como podedes ver eramos unha tropa (non como agora que para xuntarnos temos que facer números): Luis, Darío e Luisiño, dos “Ariños vellos”; Lois, Roberto, Juan L Osorio, Iago Rodicio, Iago Rodríguez (Rubio), Claudito, Tomás, Orlando, Rubén, Juanki e Pedro, que non puido debutar por estar convalecente). A este uníronse algún: Adolfo, Toño, Alejandro, Teresa, Patricia e Anabel e Elena, que hoxe forman parte do grupo.
As fotos reflicten a evolución do grupo co paso dos anos:

Ano 91, Mazaira, o día da voda do Luis, ou dito doutro xeito, o día que nos emancipamos.

Ano 92, festa da bica.Mesmo ano, nos Remedios, as gafas de sol son por...
Ano 93, xa coas novas mienbrios, e coa recuperación do Juanecas
E na actualidade (falta na foto a Anabel).
Como non pretendo ser tan enciclopédico como o Pedrito, de momento non vou contar máis e deixo información para o vixesimoquinto anivesario, de momento.
P.D. Un recordo moi especial para o Darío, finado este ano, que compartiu moitos momentos con nos e que nos soubo trasmitir o espíriu festivo que temos da gaita.

miércoles, 3 de septiembre de 2008

Inaugurada a exposición fotográfica de Jorge Cacharrón

O luns foi inaugurada a exposición fotografica de Jorge Cacharrón no Centro Comarcal. Dende aquí convidarvos a que a visitedes, xa que poderedes gozar dunhas instantaneas que resaltan a beleza das paisaxes da zona.

Despois de un longo tempo apartado desta afición retomouna recentemente e como se pode ver adícalle tempo.

Ademais compartirá espazos cunha exposción de grabados do Castro, así que todos os que vos acerquedes ó Castro durante os Remedios buscade un intre para poder visitalas, merecen a pena.
Hoxe (día catro) fun o centro comarcal e vin que fixeran uns folletos con Texto do Pepe Sampaio, do que vou reproducir só unha parte: "Paisaxes é o reflexo dunha observación da natureza no seu momento de espledor, buscando os mellores efectos naturais que cada estación otorga ás imaxes, captándoas coa súa máquina e volcándoas no seu estudo para a finalización"

martes, 2 de septiembre de 2008

Paxina Web de Santa Tegra

O pasado día 27 abríuse unha páxina web de Santa Tegra, creada pola Asociación Cultural e de Veciños Cocas e Danzantes, que ademais de organizar as festas dedicanse a promocionar o pobo.
A nós que nos avisou e o reporteiro na ribeira (Ricardo Rodicio, o da foto).

E claro o falar de Santa Tecla, non nos podiamos esquecer do Pepe. Pois eso, visitádea, firmade no libro de visitas... e que nazan moitas máis.