martes, 18 de noviembre de 2008
miércoles, 12 de noviembre de 2008
Magosoto en Lumeares
lunes, 10 de noviembre de 2008
PINTADA LOUCA!!!
Que ninguén se asute nin pense que xa toleamos de todo. O culpable de todo e Julio Rodriguez, e como suporedes é unha montaxe, inda que eu o abrir o correo quedei un pouco asustada e pensei que os Luters Kins (como di o notario) atacaran o castelo, pero non!Que vos parece? A min realmente gustame un montón (incluso para un futuro cartel...)
domingo, 9 de noviembre de 2008
Recordando copla no magosto de Lumeares II
Máis contos, máis coplas. Esta vez ás protagonistas do primeiro video (Graciana e Mª do Carme) úneselle ó Cándido (o fillo da última)
Recordando coplas no magosto de Lumeares
Aquí tedes un petisco do que deu de si o magosto de lumeares (porque deu moito de si) para ir abrindo boca. Mª Carmen e Graciana recordanto cancións de cando eran mozas (máis do que son agora). Seguiremos informando
jueves, 6 de noviembre de 2008
lunes, 3 de noviembre de 2008
viernes, 31 de octubre de 2008
Felicidades
jueves, 30 de octubre de 2008
Mosteiro de Trandeiras
miércoles, 29 de octubre de 2008
II andaina da Castaña

O próximo 15 de novembro celebrarase a II andaina da castaña en Parada do Sil. A rota será a recen estreada PR-G 98 (Rota Canón do sil-Sta Cristina) e que conta de dous bucles de 8km e 10,5 Km respectivamente (é dicir 18,5 en total). Debido ós constantes desniveis a rota é de dificultade media-alta.
Ese mesmo día, a partir das 11 da mañá, tamén se celebrará a II andaina para cativos polo sendeiro das carriozas cun percorrido de 3,5km, e que contará con guías.
Na web do Clube de Montaña da Ribeira Sacra pódese descargar o folleto.
lunes, 27 de octubre de 2008
En santos neve nos campos
Recomendación: Fotos do David de Pedrouzos na web de Sta Tegra

OUTONO FOTOGRAFICO II
Outra veciña de Terra de Caldelas no Outono Fotográfico.María Castro exporá no Centro Comarcal de Castro Caldelas a súa obra "AZUL".
Trátase de unha proxección das suas fotos así que acercádevos a velas.
María X (Pérez Castro)Castro Caldelas, Ourense, 1979
Iniciouse na fotografía de forma autodidacta; posteriormente foi alumna do fotógrafo Peter Schneider, e realizou o Ciclo Superior de Fotografía na Escola de Arte Mestre Mateo de Santiago. Antes de terminar os seus estudos comezou a facer fotografía para a publicidade de empresas e negocios. Así mesmo, impartiu varios cursos de iniciación á fotografía en institutos e escolas privadas. Na actualidade traballa como autónoma: desde 2004 colabora co Patronato Provincial de Turismo de Ourense, realiza fotos para a publicidade de empresas de todo tipo, e no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira desde o ano 2002. Nestes momentos realiza as fotografías para unha guía turística sobre Ourense que publicará este ano a editorial Everest. Ten múltiples exposicións individuais e colectivas, tanto en Galicia como en Portugal (Braga, Lisboa, Porto), e ten imaxes publicadas en varios libros, como Cociña tradicional do Ribeiro ou o volume 3 de As mellores receitas da cociña galega, ademais de portfolios nas revistas La Fotografía Actual e Búsola
domingo, 26 de octubre de 2008
O OUTONO, AS SETAS E O MAGOSTO.

Intento consolarme pensando que dentro de cinco días por aí andarei, ainda que un fin de semana non me chegue a nada. Espero poder ver in situ as árbores da piscina, facer algún roteiro (para torpes, que xa vos coñezo e sodes demasiado profesionáis para min) e por suposto comer castañas a esgalla e chourizo con moderación. Tampouco me importaría probar algunha das setiñas da foto...Ponte Louco polo mundo adiante: Lois II (Ás veces as segundas partes son mellores)

Xa hai uns meses falamos deste pontelouqueiro, e entre todos parece que lle iamos quitando importancia aos seus viaxes polo sudeste asiático. Entre o resto de viaxeiros por Suíza, Italia, Portugal, Ás Médulas e o viaxe frustrado a Xamaica, fomos restandolle importancia á superioridade das súas viaxes.Tamén hai que citar ao Campos, que andibo de cruceiro polo Mediterraneo, mecou a camiseta do Ponte Louco, púxoa e esqueceuse de sacar a foto. Gracias
viernes, 24 de octubre de 2008
OUTONO FOTOGRAFICO

Comeza en ourense o Outono fotográfico e este ano temos o placer de contar cas fotos dun veciño,(e o meu cuñadísimo) Jorge Cacharrón. Participa ca súa exposición "Paisaxes" e enriba podedes ver unha mostra da súa fotografía.
PAISAXES:
Jorge Cacharrón
Percorrido visual do inmenso valor paisaxístico que ten a comarca de Caldelas (Ourense), para atopar ese misterio que envolve o verde galego, os recantos, as fontes e camiños; en definitiva, trátase de reflectir a súa beleza e diversidade.Na Sala de Caixanova do Barco de Valdeorras, do 3 ao 15 de novembro
