martes, 3 de agosto de 2010
Curso de Piragüísmo
lunes, 2 de agosto de 2010
CARTAZ DO PONTE LOUCO
Aquí está a nova criatura e para que vexades que a cousa vai en serio aqui vos deixamos algún enlace:http://www.komunikando.net/komunikajoomla/content/view/2327/62
http://es.wikipedia.org/wiki/Festival_Ponte_Louco
http://www.lavozdegalicia.es/deza/2010/07/20/0003_8620092.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
sábado, 31 de julio de 2010
Editan «Volta e revolta», unha novela inédita do desaparecido escritor Xoán Manuel Casado
Foto: La Voz de GaliciaSengudo conta na edición do 30 de xullo La Voz de Galicia a editorial A Nosa Terra ven de editar unha novela inédita no escritor, con ascendencia no Castro, Xosé Manuel Casado.
Volta e revolta é unha novela curta, 114 páxinas, que o desaparecido escritor elaborou sen puntos e aparte. A historia sitúase temporalmente nos anos noventa e o relato faise en segunda persoa. Para o crítico Xesús González Gómez con esta obra Xoán Manuel Casado demostrou «que se pode escribir unha gran novela curta», situando este texto no extremo oposto á obsesión galega pola novela longa.
Xoán Manuel Casado era avogado do Estado e centrou a maior parte da súa obra en galego na poesía, ademais de ser autor, xunto con Xosé Manuel Salgado, dun extenso libro de conversas con Méndez Ferrín."
martes, 27 de julio de 2010
Viravolta-Seis dedos
A compañía de maese Seisdedos, cego e monicrequeiro ambulante representa usando a técnica tradicional do bululú galego na que o lazarillo manipulaba os bonecos ocultos na capa do cego, que tocaba a zanfona, contos medievais (Joan de Timoneda, Lope de Rueda...) e cancións tradicionais (O sacristán de Coímbra). Unha representación que levan a cabo dous lalinenses; os actores-manipuladores Anxo García e Fran Lareu que onte recibiron os aplausos de numerosos peregrinos entre os que figuraba un nutrido grupo de portugueses que están facendo ao Camiño a Compostela, neste Ano Santo Xacobeo. Representación na que se reflectiu a dinámica clásica da picaresca e do engano entre cego e lazarillo que desencadeou os sorrisos dos camiñantes. Trátase dun espectáculo para todos os públicos, segundo explican os organizadores, «especialmente deseñado para representar en feiras, mercados e festexos medievais». Un espectáculo que se presta para «representar ante un grupo de xente, de idades dispares, como poden ser os peregrinos».
Voltará Seisdedos a escenificar «O cego dos monifates» pero, nesta ocasión, farao en Zamora no Museo Etnográfico de Castilla y León o vindeiro 29 deste mes de xullo. Con anterioridade, o día 27, na Casa da Cultura de Ordes tocaralle o turno á obra «A caixa de música». Un mes no que figura tamén outra actuación na explanada da estación de Renfe en San Francisco, Ourense, onde o grupo lalinense escenificará «O horrorroso crime de Xan Miñoca».
A compañía segue tendo un apretado calendario de actuacións para os vindeiros meses. De feito, para o vindeiro agosto, xa ten pechadas actuacións na Pobra do Caramiñal, Ourense, Zamora, Melide, Tui, Cambre, Noia e Brión. Un ano máis acudirá ao Concello de Agolada o próximo 10 de agosto con motivo da celebración da Feira Medieval, que se desenvolverá nos pendellos, a onde levará a obra «Varietés». Por outra banda ten previsto participar tamén no Festival Ponte Louco de Castro Caldelas, que está fixado para o vindeiro 21 de agosto. E, tralo verán, xa están pechadas actuacións para os primeiros meses de outono."
lunes, 26 de julio de 2010
Lumeares: Mes do espantallo


miércoles, 21 de julio de 2010
Curso de Piragüísmo

lunes, 19 de julio de 2010
24 E 25 DE XULLO-FEIRA DO VIÑO EN CASTRO CALDELAS


Outro ano máis os adegueiros da zona farán as delicias de todos os que se acheguen a Feira do Viño da Ribeira Sacra que se celebrará os días 24 e 25 de Xullo na praza do Prado de Castro Caldelas.
jueves, 3 de junio de 2010
Xitumá Batuké
jueves, 13 de mayo de 2010
E pecha o cartel: os CUCHUFELLOS
miércoles, 12 de mayo de 2010
Máis blog da zona

viernes, 7 de mayo de 2010
Máis nomes: CHOTOKOEU

Ademais de Alpargata, no PONTE LOUCO 2010 actuará o grupo Coruñés CHOTOKOEU.
lunes, 3 de mayo de 2010
Andaina de Lumeares
domingo, 14 de marzo de 2010
EXPOSICIÓN: HISTORIA DO LIBRO, O LIBRO NA ESCOLA.
Esta semana inaugúrase unha nova exposición no Centro Comarcal organizada por dito centro en colaboración coa Asociación O Irrio.Na nova exposición poderedes ver unha pequena historia sobre a invención da escritura que realmente foi o que posibilitou que aparecesen os libros. Noutro apartado amósase información sobre o día do libro e sobre unha das obras máis importantes da literatura en lingua castelá: El Quijote. Temos tamén outra sección adicada a libros antiguos con algunhas curiosidades como unha obra editada en Seone de Argas a principios do século XIX e outro apartado de "curiosidades" con facsímiles de textos como As Cantigas de Amigo, El Camino, etc... Pero o groso da exposición céntrase no libro na escola con exemplares que van dende principios dó século XX ata agora e percorren todas as materias que dende entón se teñen estudiado: dende "labores del hogas" ata as máis modernas coma Tecnoloxía ou Informática.
Esperamos que vos guste e lembrámosvos que todos aqueles interesados en contribuir cos seus préstamos a dita exposición poden facelo sin problema. Desexamos que siga medrando.
martes, 9 de marzo de 2010
Novo Blog: cocina medicina


domingo, 28 de febrero de 2010
CLAUSURA DA EXPOSICIÓN "ERAN OUTROS TEMPOS"










lunes, 1 de febrero de 2010
domingo, 24 de enero de 2010
A NAI DE TODAS AS FESTAS: OS FACHÓS

Protagonistas da mellor festa do mundo mundial: chourizos,viño,lume,palla,música, e como non, xente,xente,xente.
Con todo esto e con moitas gañas, nas terras de Caldelas vense celebrando desde fai moitos anos unha festa que non so reúne a practicamente toda poboación do Concello de Castro Caldelas e concellos limítrofes, senon tamén a moitísimos visitantes que cada se animan a celebrar esta festa con todos nós. Son os folgos de todos os que fan esta festa ,e so se entende unha vez que se vive. Para todos os caldelaos é unha honra selo o dezanove de Xaneiro. Poder vivilo todos os anos e contar os días ata o seguinte ano,unha paixón. Se nunca estivestes que saibades que xa queda menos para o próximo ano e ide aprendendo: VIVAN OS FACHÓS,VIVA SAN SEBASTIÁN!!!!




