viernes, 12 de septiembre de 2008
jueves, 11 de septiembre de 2008
¿VIVEN?
As festas do Castro remataron. Hainas que amenazaban con entonar o "Pobre de mí" e logo cair nunha profunda depresión. Os que non tivemos a sorte de estar ata o día 10 QUE-RE-MOS-SA-BER!!!!!!!!!!!!!!!! Por exemplo: ¿cal foi a última modalidade de loucura que inventastes para o día 10 (supoño que o de aspirar o elio dos globos e o do partido solteiros-casados das cinco da mañá xa está moi visto), ¿qué tal as orquestas?, ¿pelexou con vós a dos cochitos?, ¿conseguiu o Víctor cartos suficientes para facer as 24 horas nos cochitos?, ¿cal foi a "Jardinera Remedios 2008?, ¿qué parte do corpo lesionou Natalia?Ocúrrenseme moitas máis preguntas, pero vouvos dar tempo para que reaccionedes e nos poñades ó día (se pode ser con fotos e vídeos sería xenial).
Se alguén quere saber máis, que pregunte!!!!
miércoles, 10 de septiembre de 2008
Vinte anos non é nada II
Acaba de enviarme esta foto Eladio, recen saída do forno.
Como podesde ver faltan algúns miembros, pero hai que loitar contra os elementos, o traballos, ...
Etiquetas:
Airiños de Caldelas,
Festas dos Remedios,
Gaiteiros
viernes, 5 de septiembre de 2008
Vinte anos non é nada


Vinte anos non é nada, ou polo menos iso é o que dicía o tango de Gardel. A min paréceme que si, que estes vinte anos que o día sete fai que actuamos por primeira vez, teñen moito que contar, moitos recordos, experiencias,…O caso foi que os Airiños formáronse aló polo 82, pero cinco anos despois, o Luis do barrendeiro decidiu poñerse cuns rapaces que debutariamos ese sete de setembro do 88. Como podedes ver eramos unha tropa (non como agora que para xuntarnos temos que facer números): Luis, Darío e Luisiño, dos “Ariños vellos”; Lois, Roberto, Juan L Osorio, Iago Rodicio, Iago Rodríguez (Rubio), Claudito, Tomás, Orlando, Rubén, Juanki e Pedro, que non puido debutar por estar convalecente). A este uníronse algún: Adolfo, Toño, Alejandro, Teresa, Patricia e Anabel e Elena, que hoxe forman parte do grupo.
As fotos reflicten a evolución do grupo co paso dos anos:
Ano 92, festa da bica.
Mesmo ano, nos Remedios, as gafas de sol son por...
Ano 93, xa coas novas mienbrios, e coa recuperación do JuanecasComo non pretendo ser tan enciclopédico como o Pedrito, de momento non vou contar máis e deixo información para o vixesimoquinto anivesario, de momento.
P.D. Un recordo moi especial para o Darío, finado este ano, que compartiu moitos momentos con nos e que nos soubo trasmitir o espíriu festivo que temos da gaita.
Etiquetas:
Airiños de Caldelas,
Festas dos Remedios,
música
miércoles, 3 de septiembre de 2008
Inaugurada a exposición fotográfica de Jorge Cacharrón
Despois de un longo tempo apartado desta afición retomouna recentemente e como se pode ver adícalle tempo.
Ademais compartirá espazos cunha exposción de grabados do Castro, así que todos os que vos acerquedes ó Castro durante os Remedios buscade un intre para poder visitalas, merecen a pena.
Hoxe (día catro) fun o centro comarcal e vin que fixeran uns folletos con Texto do Pepe Sampaio, do que vou reproducir só unha parte: "Paisaxes é o reflexo dunha observación da natureza no seu momento de espledor, buscando os mellores efectos naturais que cada estación otorga ás imaxes, captándoas coa súa máquina e volcándoas no seu estudo para a finalización"
martes, 2 de septiembre de 2008
Paxina Web de Santa Tegra
O pasado día 27 abríuse unha páxina web de Santa Tegra, creada pola Asociación Cultural e de Veciños Cocas e Danzantes, que ademais de organizar as festas dedicanse a promocionar o pobo.
A nós que nos avisou e o reporteiro na ribeira (Ricardo Rodicio, o da foto).
E claro o falar de Santa Tecla, non nos podiamos esquecer do Pepe. Pois eso, visitádea, firmade no libro de visitas... e que nazan moitas máis.
Etiquetas:
blogosfera caldelá,
blogs da terra,
Ricardo Rodicio,
Santa Tegra
Máis fotos do Ponte louco: "La juventú er loca"







A frase do tútulo é dun famoso filósofo da Teixeira (o Pío vello), e nas fotos, como podedes ver saen uns clásicos da noite, os mozos da Teixeira, Portela e Lumeares. Enviounolas Julio da Teixeira (moitas gracias), e que ademáis ten unha conta no youtube cuns videos de interese.
Etiquetas:
Fotos do Ponte Louco,
Ponte louco 08
lunes, 1 de septiembre de 2008
Ponte Louco polo mundo adiante: Eladio e Belén
Foto: Aiguille du Midi en Chamonix (Francia) ó fondo Mont Blanc e zona
Moitas gracias, e para os demáis xa sabedes, se nos queredes envíar as vosas fotos, nós encantados.
Etiquetas:
Ponte louco 08,
Ponte Louco no mundo adiante
sábado, 30 de agosto de 2008
Malabares no Ponte Louco
Marcos e o Celso xogando con lume no PL 07, pero podería ser en calquera, porque estes actuaron en todas as edicións.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



