viernes, 28 de diciembre de 2007

Pardeconde

PARDECONDE.

En Galicia, din que hai máis de 15.000 aldeas, pero hai unha que destaca: Pardeconde está de moda, porque, como di Xurxo Souto, converteuse na capital do hip-hop galega.
Carlos Abad Garrido, coñecido tamén coma Gran Purismo, é un fillo de emigrantes en Suíza, que se fixo famoso gracias á música, e unha das súas cancións titúlase Pardeconde.

A canción en si mesma cóntanos as historias que lle pasaban a Carlos Abad cada vez que viña ao pobo, fala dos veciños, dos amigos, ... fala das aldeas, para comprobalo ai vos vai a letra:

Esto vai para a miña aldea, Pa que vexas Pardeconde.
Cando era neno sempre iba eu pa alí,
tiña un abuelo que sempre me quixo tanto a min,
solo cunha bicicleta era feliz,
con cadelo e escopeta de balís,
éche así, foi un tempo, ben,
ben entretido como as pelexas do Valiente co Malvino,
como pasaron da segunda,
e comprar Phoskitos,
e xogar con Himan,
Javier tiña o castillo,
os vellos sempre estaban para botar partidas,
e o meu vello sempre me pingaba calderilla,
tomaba sete cocacolas, ai miña barriga,
e chorei cando morreu o can da Guillermina,
eramos outros, xogábamos no souto,
xogabamos no couto,
xogabamos cos outros,
xogamos ó balón e si rebota contra a pedra,
vai parar ó pozo ou ó corral da Campecha,
ó corral do Cesáreo ou á véntana da Amalia,
ó poleiro abaixo onde o José das sandalias,
e date conta que os balóns sempre baixan lanzados,
se te descuidas tes que ir pas da fonte buscalos,
sempre fumos algo brutos eiquí,
sempre levo de recordo máis unha cicatriz,
sempre fomos todos guapos e que poido dicir,
que máis de unha moza pudo ser actriz, éche así,
nada inventado, todo verdadeiro,
a nosa nave era un castiñeiro,
xúroche rapaz que a súa madeira aínda cheiro,
e o que non quería subir era un pildeiro.
Somos de Esgos, non somos modernos,
sei que houbo un tempo no que non había telefono,
e ¿para que queres tal cacharo do demo?,
si aquí toda a xente sábeche falar a berros “cago en Díos”.
E si vacilas pola calle non che teño medo,
cos de aquí sómosche duros tal coma penedos,
que vaian de malotes, chulos, ou locos, Fuck you,
eiqui a xente limpa o cu con toxos.
Xa veras cando chegan festas do S Pedro,
e as orquestas e os gitanos que venden enredos,
xuntaranse todos os vellos e os nenos,
e os da comisión pasan para pedir po peto,
e ten cuidado si a túa moza baila,
que aquí roubámosche a cadela coma o cura en Niñodaiga,
eiquí celebran festas por todo e por nada,
pero tés dereito a telas se traballas, rapaz.
O conxuro recitado polo Amado,
e todos van a barra coma un raio,
que esta festa éche súper-fertil do carallo,
se contas nove meses moitos nacemos en maio.
E os domingos ir a misa a aguantar,
que digo que os que che saben beber tamén che saben rezar,
unha resaca do carallo do rapaz que nunca deu polas didiante e as detrás, que va,
noites inolvidables no alto da Cruz,
unha pandilla de rapaces chea de espiritu,
saber quen lle gusta quen, charlas de tu a tu,
E apagar os cigarriños cando vías unha luz.
Este é o meu sitio a miña terra,
unha casa na aira de arriba onde vive a miña abuela,
son o fillo doAamado, o neto da mai Celia,
o meu primeiro cego serio pilleino en Maceda.
E sei que moitos pensan que esto xa está olvidado,
eu seguirei ladrando como o can do Lauréano,
que son autentico, único e original, coma a callada do Carranchá.

Ei, ei... que pasa oh, esta merda xa acabou, ponme esa instrumental outra vez que aínda lle hai que facer un refrán a esta xente, ostia, veña, aí está moitas grazas

Ei, ei Pardeconde, estades preparados para o estribillo

E xa fai tanto tempo que non paso por alí, e cada fun nunca me arrepentín, este en donde este, eu sei ben de donde, ¡que carallo! ¡po! ¡po! Son de Pardeconde.
E xa fai tanto tempo que non paso por alí, e cada fun nunca me arrepentín, este en donde este, eu sei ben de donde, ¡me cago en Dios! Son de Pardeconde.(bis)

Esto foi todo, falándoche do meu pueblo, da miña aldea, nunca me olvidarei de naide, escoita ben:

Javi Ferreño, Javi Blanco, Ana, Susana, Abel, Claudio, Bruno, Montse, Joseciño, Diego, Daniel, Dani, Iván, Severino tamén, Gloria, Manolito, Carmén, e toda a mafia da aira de arriba tamén, Tamara, Mari Carmen, Sito, Javi, Antonio, Amelia, Rosa, Sebe Agustina, tío Antonio, Amalia, Tía María, tamén, Odilo, e o Eliseo e a Isabel, tamén o José a Milagros, Eladio, María Belén e a Maruja tamén e o Juan Carlos, e a Beatriz e o Ricardo, e o Alberto e o Toño e o Roberto, a Venita o Lauréano, o Pepe e a Merecedes, todos volo merecedes, e para non olvidar o Juan e a Pilar, e todos os que son do outro lugar, o tío Amado, a tía Antonia, Alyes, Amadora, a xente de Babilonia, todos os meus primos de Lisboa, un hora, e o Chaparro e o Gandolas, todos na miña mente, nunca me olvidei, xa nos vemos cando pasarei, que estedes vivos ou mortos eu sempre me recordo, oh, Granpurismo, conocido como Carlos Abad Garridos, a familia dos Abades, esta éche a merda, si, un verdadeiro gallego, que descanse en paz José Garrido Pequeño,

¿Non vos sentides un pouco de Pardeconde?

Si queres escoitar a canción ide a http://www.granpurismo.com/, no apartado de música podédela baixar en http://www.mafiagallega.com/, un proxecto que engloba a músicos de diferentes estilos suízo-galegos, podedes baixar unha entrevista que lle fixeron a Carlos Abad recentemente no Aberto por Reformas.

5 comentarios:

manuelita dijo...

Teño que confesalo: encantoume o tema. Non me gusta especialmente o hip hop, ainda que me considero ecléctica musicalmente falando, pero recoméndolle a todo o mundo que escoite este tema...eu tamén son de Pardeconde

Juan L Osorio dijo...

Acabome de dar conta que escribin esto o día das apegotas... pero non É CERTO, as veces a realidade é un bastante surrealista

Anónimo dijo...

E unha pasada de canción, a todos nos recorda os nosos pobos cando eramos pequenos. Calquera que tivera un pobo no que troulear de pequeno sentiráse totalmente identificado co tema. Espero que en Pardeconde teñamos a ocasión de ver a Gran Purismo este verán.
Gracias por a letra, así cando vaiamos no coche xa non vas ser o único que a vai cantar.

Jaun L Osorio dijo...

O fianl vai ser a canción do ano, do que se foi e do que entra...
GP actuou na Galega no especial de noiteboa, podedelos ver en Mafia Gallega...
Po, po, son de Pardeconde

Telecentro de Esgos dijo...

DENDE ESGOS QUEREMOS AGRADECER O ORGULLO E ADMIRACIÓN POLA NOSA TERRA QUE SE PALPA NO TEMA COMPOSTO POR ESTE FILLO DE EMIGRANTES DE PARDECONDE.

ESTA CANCIÓN SONOU NAS FESTAS DO VERÁN PASADO E SEGUE SONANDO EN MOITOS COCHES.

NOS SOMOS DE ESGOS, NON SOMOS MODERNOS...