jueves, 2 de octubre de 2008
Curso para emprendedores no rural
miércoles, 1 de octubre de 2008
O Xurés: Rota de Padrendo
martes, 30 de septiembre de 2008
UN NOVO BLOG DE UN CALDELAO POLA PETRINA

Non imos dar feito con tanto ler. Animádevos e entrade a darlle folgos a el para que o seu esforzo non sexa de valde.
Benvido e noraboa
lunes, 29 de septiembre de 2008
¿COÑECEDES A TULSA?
Eu non coñecía de nada a estes bilbaínos, pero tiven a sorte de descubrilos no womad. Hei de dicir que quedei gratisimamente sorprendida con Tulsa. O seu estilo non é nada pontelouqueiro, é máis pop?, pero as súas guitarras, a voz de Miren ¡ENCANTOUME! É moi do meu estilo (jeje, temblade os que non compartides os meus gustos musicais). As súas letras, qué vos vou dicir: tristeza, desesperación, cores grises. Non deixedes de escoitala e, por favor, decídeme qué vos parece.Bombos de Sto André Freixo de Cima (Amarante)
Este grupo de bombeiros portugueses estivo animando a II maratón do Miño, o 28 de setembro de 2008 en Ourense. Escoitar como retumbaban os bombos unha maña de domingo na zona vella seguro que non lle fixo gracia a moitos (en especial ós que durmían) pero animaron moito.
PLAY CÁCERES


Maratón do Miño
FOISE A MIRADA AZUL
viernes, 26 de septiembre de 2008
Monterramo en Jólibu

A fiebre do blog
Ponte Louco polo mundo adiante: Eu
Outra máis cerca, pero nun lugar que merece a pena coñecer: Pena Corneira
miércoles, 24 de septiembre de 2008
Ponte Louco polo mundo adiante: Lucia en Fuerteventura
lunes, 22 de septiembre de 2008
Fotos

.jpg)


Por último, voume facer un pouco de auto-bombo (nunca mellor dito), xa que creei unha conta no Panoramio. Para os que non coñezan unha breve explicación: o Panoramio é unha ferramenta do Google Earth no que se pode, ademais de colgar fotos, localizalas. Así cando alguén busca no mapa algo aparécenlle fotos dos usuarios. Así se poden ver fotos chulas da zona (recomendo a Domingo Vázquez ou Eladio) ou de outro lugares (os meus preferidos son Seara, Bob Fisher, luscofusco, ...) ou fotos ben bonitas coma estas dúas: o Campano e os meandros da Cubela. En resumidas contas que vos animo a que colguedes as vosas fotos
domingo, 21 de septiembre de 2008
A camiñar
O domingo 28 celebrarase en Ourense o II Maratón do Miño na que hai dúas modalidades: carreira (individual e relevos) e andaiana (individual e relevos). A rota ten saída na praza maior de Ourense dende onde se achegara polas Lagoas ata o Paseo do Miño (de Velle a Outariz) ó que se lle dará dúas voltas, en total 42,195 Km (como toda martón). A inscripción 15€ (eran 10 ata o domingo) e polo feito de inscribirte danche unha mochila cuns cantos agasallos que polo que teño entendido merecen moito a pena.Tamén dende o Concello de Parada do Sil están a preparar a II CARREIRA DE MONTAÑA EN PARADA DE SIL que ten como prazo de incrición ata o 19 de Outubro e unha cota de 8 e 10€, en función de si es ou non federado. Podedes atopar máis información da web do Clube de Montaña da Ribeira Sacra. A rota será a mesma co ano pasado, pero iste ano coa novidade de que está homologada, da que segundo acabo de saber hai uns folletos explicativos.
jueves, 18 de septiembre de 2008
REPEKUSION 08

Programa de Reperkusión'08
¡VOLVENDO A CRUDA REALIDADE!
Despois de tantos días de vacacións, despois dos Remedios, a volta o traballo faise moi costa arriba. Pero bueno, todo ten a súa parte positiva, pronto virá e feira da carne, os magostos, Navidades, fachós.... e cada vez queda un pouco menos para os próximos Remedios.Sendeiros e Camiños
Esta semana atopamos un libro interesante de sendeirismo por Galicia que leva por título Sendero y Caminos.No San Mamede describe dúas rotas: a primeira, de 18 km, sae de Gabín cara Fontedoso e chega ata a capela do santo. Parte de esta vai polo camiños polos que fixemos nos a rota. A outra iníciase en Santa Cruz de Queixa, sube á beira do río ata a ferrería, onde se desvía cara o Teixedo, e dende alí volta polo alto das cancelas. De facer parte desta xa tiña idea, aínda que o que eu pensara era facer o camiño todo a beira do Río da Queixa ata a Edreia.
lunes, 15 de septiembre de 2008
LOS GIRASOLES CIEGOS: LA PELÍCULA
viernes, 12 de septiembre de 2008
O Avelino versionando ós chunguitos
Dame veneno que quiero moirir, prefiero subir al cielo que vivir contigo...
PAN PARA MORIR
Remedios 08: Orquestra Amistade de Vigo
O final do final, na verbena do día 10. Ai que ben o pasamos






