
Que empezamos polas boas ou polas malas novas???
Case mellor mesturámolas e que volas reparta o corpo…
Boa nova: A pesar da que está a caer, outro ano máis, e van xa 11, HABERÁ PONTE LOUCO, e non é pouco, xa que son varios os festivais que se quedan no camiño ou están no aire
Mala nova: coa que está a caer os recursos dos que dispoñemos son menos que outros anos… haberá que facer traballar o miolo.
Boa nova: volvemos ás orixes… o PL 2012 será día de feira: 18 DE AGOSTO
Mala nova: este ano so faremos un día
Nova medio boa medio mala: este ano imos precisar un chisquiño máis da vosa colaboración… e sabemos que estaredes aí… así que se a alguén se lle ocorre algo, crea que pode botar a man,… nos andamos coa elaboración de cartel