miércoles, 11 de julio de 2007

CAMPIONATO DE TUTE


O sábado 21, a partir das 16 horas celebrarase o primeiro campionato estival de tute en beneficio do Ponte Louco. Se te queres anotar podes facelo nos bares Avenida, Grilo e Luar ata ás 20h00 do venres día 20. A cuota de inscripción son dez euros. Haberá grandes premios. Apúntate e sorte!!!!!!!!!!!!!!

9 comentarios:

Organización dijo...

Xa hai campeóns: o David da gasolineira e o cuchú. Subcampións. J.L. Osorio e Miguel de Alais. Unha final moi reñida. O martes opremos as fotos.

Anónimo dijo...

Joder o da gasolinera campión, pero se non hai un xogador de tute máis malo no Castro. dende logo o nivel tiña que ser ben baixo

Anónimo dijo...

Polo menos participaron e axudaron a organización e non coma outra xente...

Anónimo dijo...

Ji..ji..ji.. ¡O da Gasolinera!

P.D. YUJUUUUUU!!!!!!!

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

Ride, ride, pero David e Cuchú levaron un premio que é a envexa da comarca. Hai un problemiña cas fotos, pero cando as vexades, ides chorar... de pena por non ter participado!!!!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

e la organización a quén axuda? Moito coidado co que se di.

Natalia C.V. dijo...

A organización non te que axudar a ninguén. Ten que organizar o festival e con eso axúdase o Castro de moitas maneiras.Creo que te estás confundindo de blog (esto non é un blog político).Neste blog non consentimos nin que se amenaze a ninguén nin que se insulte, se fas o favor vótalle o que lle tes que votar, e da a cara. E non che digo nada máis porque me pondría a túa altura o non quero faltarlle o respecto a ninguén. E para que sepas quen son e non che queden dudas ahi che vai firmado, valiente.

Natalia Cortòn Vasallo

Juan L Osorio dijo...

Ao anónimo das faltas de ortografía (a partir de agora AFO, xa que non te pos ti nome póñocho eu).
A organización axuda a todo Castro Caldelas, e non hai mellor proba que subir ao festival o 18 de agosto e ver que alí hai moita xente, do Castro, da comarca, de fora; de unhas ideas, de outras;...
En todo caso, e como o ano 2006 non o fixemos, sabemos que así nolo transmite a xente que todo Dios está encantado co Ponte Louco, coma sempre ten que haber de todo...
Por iso che devolvo a pregunta ¿a quen prexudica? Si te sentes prexudicado, non tés máis que remitirnos unha petición (asinada) e tentaremos mellorar a situación.
Un saúdo dos que se moven

Anónimo dijo...

afo a organizacion axuda o castro para darse a coñecer, a xente nova a ter unha noite diferente e chea de cultura,os nenos enon tan nenos ater unha tarde entretida e divertida sen necesidad de ter q pagar a entrada dun circo cutre,os artesans da zona a ensinar as suas obras e os artesans de fora a coñecer a nosa artesania,a moitos comerciantes a facer uns cartiños extras eses dias etc etc etc e todo isto gracias o TRABALLO DESINTERESADO DE MOITA XENTE (ALEX PAIS)