lunes, 28 de enero de 2008

ENTROIDO: OS COMPADRES E AS COMADRES.

Mi madriña! Aínda non estamos recuperados dos fachós e xa está aquí o entroido. Bueno, realmente xa empezou o xoves pasado porque, si as contas non me faian, foi XOVES DE COMADRES e este deberá ser o XOVES DE COMPADRES (ou ó revés, é algo que nunca tiven moi claro).

Fai tres anos nevou no entroido. Lembroo ben porque non puden subir ó Castro o día que quería. Cando cheguei atopeime no castelo unha exposición de compadres e comadres feitas polos nenos do colexio de Manzaneda (xa sabedes que alí hai moita tradición).

Hoxe pensaba no entroido de cando eramos pequenos, en que ás nenas nos deixaban sair antes porque os rapaces nos pintaban de negro despois de meter os dedos nos tubos de escapes dos coches (era horrible, tiñas que pasar 15 dias pechada na casa porque se non púñante feita un cirineo), pensaba na miña nai facendo compadres (un para min) e comadres (dúas para os meus irmáns maiores) con papel de seda e cara de pataca e cuns diseños de vestiario que xa quixeran Vittorio e Luchino, pensaba nos nosos disfraces (básicamente roupa e zapatos dos nosos pais). Para min, nesta década dos 70, o mellor era o de poder ir á discoteca do grilo: A-LU-CI-NA-BA. O Miguel metido na súa cabina de Dj, a barra baixiña ó fondo, a pista delimitada por unha especie de reixa de madeira ou algo así...
Logo o entroido cambiou. Xa tiñamos disfraces que eran "disfraces", no Castro empezouse a tirar fariña e as rapazas empezamos a participar dunha maneira digamos "mais activa" naquilo. É dicir: non só recibiamos senon que tamén dabamos.
Ós últimos anos que fun no entroido ó Castro o panorama era decepcionante: houbo un ano que pola noite só saímos Lucía e mais eu disfrazadas (xa se sabe no noso pobo que na casa da "Ana dos retais" a tradición do carnaval era casi como unha relixión. A de disfraces que nos fixo e nos prestou...). Decidín non volver nesas datas. Dábame pena. Non había fariña. Non había compadres. Non había disfraces. Non había "casi" nada.
Estas fotos son da última vez que estiven. As da exposición dos nenos parécenme alucinantes (non pola calidade...jejeje, senon pola tradición e o traballo que fan en Manzaneda).
Estas dos disfraces son en Ourense e quero que as vexades por dúas cousas: ¿de qué diriades que vai disfrazado o rapaz da esquerda da segunda foto? Iso lle preguntei eu, a súa resposta foi: de poeta dadaísta. Quedeime de pedra. Pensei: "¿qué poeta dadaísta? Suponse que debería sabelo". O disfrazado foi bon e díxome o nome, non era un poeta (ou tamén) senon o filósofo Hugo Ball. Auténtico, se buscades imaxes dil en google comprobaredes que o disfraz está clavado. iso é imaxinación.
A primeira foto do señor disfrazado nos viños fíxome moitísima gracia. Era un señor serio, con apariencia formal que estaba todo digno tomando as súas tapiñas e a súa bebida cun gorrito minúsculo feito de papel de servilleta. Iso sí, colocado tipo "Napoleón"

Non sei si agora volve haber máis xente no entroido, se os nenos seguen co dos compadres e as comadres ( a min non me duraba nin un suspiro), si a xente se disfraza, si se tira fariña... Espero que sí, porque é unha rica tradición e sería unha mágoa non conservala para os que veñen detrás.

10 comentarios:

Hugo Ball dijo...

Hola soy Hugo Boss,si habéis leído bien Hugo Boss,el de la colonia
Nos vemos en los carnavales si no es este año otro y si no pues, no nos vemos,o si.
Os envio un enlace que está
muy bien, con imágenes de personajes como Hugo Ball,Giacomo Balla,Man Ray,Eric Satie y hasta la mismisima Yoko Ono,que fuerte,bueno Hay va
http://www.uclm.es/artesonoro/hball/indiceHB.html
Un saludo de Hugo boss y no salgais ala calle sin perfumarse.

Anónimo dijo...

Gracias Hugo boss/ball por tu olor, por el enlace y por ayudarnos a explicar qué fue eso del Dadá

Juan L Osorio dijo...

Non salgades sen prefumarvos nin sen disfrazarvos...
Agora, Hugo, só che queda explicar cantas veces tiveche que explicar de que ías disfrazado, que non ías de cociñeiro,e demais cuestións.

Natalia dijo...

Hugo, a ver este ano porqué che da que tú no carnaval eres un perigo. Fai algunha foto.
Vémonos e apertas.

Anónimo dijo...

A FOTO É COMO MOI "CULTURAL" PORQUE ADEMÁIS DUN FILÓSOFO RECOÑEZO A UNHA PINTORA ¿OU SON DÚAS?

roseta dijo...

pois si,dúas pintoras e dous mexicanos...eu en vez de Frida parecía un torero pero pasámolo booooooooomba ímosvos extranar este ano, pasádeo ben pola capital bicos a tod@s

Le comadrien dijo...

Comadres do moundo: UNÍDEVOS (ou unámonos). Hoxe é o xoves de comadres. Os "compadres" intentarán queimarnos ó berro de:morran as comadres.
Eu digo: VIVAN AS COMADRES E MORRAN OS COMPADRES (e todos a pasalo bomba). Bo entroido!!!!!!!!!

Pili Alvarez dijo...

Al ver las fotos de los compadres de Manzaneda me entró un poco de rabia, porque en el Colegio del Castro Tambien celebramos la fiesta de los compadres y de las comadres. Por ello te mando unas fotos de los de este año. Te las mando al correo festival ponte louco.
Recordando "nuestros años de compadres y de comadres" los de ahora son descafeinados, Pero es lo queda vivo de los carnavales de Castro Caldelas.Y los que estamos aqui debemos procurar mantener viva esta tradición.

encarna dijo...

Tienes razón pili, ahora quizá sean un poco descafeinados, pero por lo menos desde el cole se está intentando que no se pierdan. No podré colgar las fotos hasta la próxima semana (no sé si sabes que tengo una cita con tu hermano a los pies de la torre eiffel...). Gracias por participar y besitos (también a Laura)

una madre caldela dijo...

tienes razon que el carnaval en el castro no es lo que era, yo recuerdo todo lo que dices y me parece triste el pasotismo de este nuestro concello hacia los niños, gracias que hay gente como los del rubio que habrieron el pub para los niños, noelia que les regalo a todos bolsas de chuches y las madres que nos gusta ver sonreir a nuestros hijos.