lunes, 21 de enero de 2008

FACHÓS 2008: O DESMADRE TOTAL (VISIÓN PARTICULAR E PARCIAL DA FESTA)

Como vos digo ista é unha visión totalmente particular e parcial do que foron os fachós porque évos imposible estar a todo. A min nestes eventos (principalmente fachós, festas dos Remedios e Ponte Louco) sempre me pasa o mesmo: váiseme a noite saudando a xente que non vexo casi nunca e, cando quero reaccionar, son as tantas da mañá e haise que ir para cama. Outra cousa que me ocurre é que teño memoria de pez, asi que... tócavos reconstruir o que saibades.
O día presentouse fermoso no Castro, solciño e bo ambiente dende a mañá. Xa o Mingos do Grilo nos advertiu que a afluencia de xente ía ser apoteósica pois, aparte de caer en sábado, como hai neve en Manzaneda (prácticamente un milagre) moitos esquiadores lle comentaran que virían á noite.
O primeiro feito sorprendente do día, que anunciaba no que se ía convertir o pobo, foi que a praza do Prado se encheu de peruanos e ata había colchonetas hinchables. O primeiro xa ocurría dende facía algúns anos, pero nunca viñeran tantos, e o das colchonetas... Os que levamos vivindo isto todos os anos sabemos que non hai precedente semellante (jejeje).
A primeira hora da tarde a xente xa estaba traballando duro para que nós disfrutásemos pola noite. Aquí vedes o famoso “Tío Epi” dirixindo e vixiando o traslado de chourizos dende o Concello ata a igrexa.


Como podedes observar a colocación das viandas segue unha coidada estética que varía de ano en ano (mirade fotos de entradas anteriores).
Iste é o San Sebastián de palla que precede ó fachón grande.

A esta hora aproximadamente foi cando nos enteramos de que Juanqui “estripara” o dedo, menos mal que todo quedou nun susto e á noite xa estaba tocando a gaita que daba gusto oílo.
Aproximadamente ás seis fixemos a obrigada visita ó Horacio (Bar Patín Soto) a tomar o licorciño ou as herbas. Aquí é onde se empeza a quentar o ambiente: bebes licor, empeza a saudar á xente coñecida e o ambiente caldéase.Ás sete menos cuarto empezaron a subir ó Toural os e as valientes que portan o fachón grande. Eu nunca o levei e nesta ocasión debatinme durante moito tempo entre levar o pequeno ou non. Ó final optei pola segunda, porque coa cantidade de xente que había, ía ser un inferno meterse pola rúa do sol. Así que pleneei unha estupenda estratexia que lle comuniquei as miñas amigas Pili e Marta ás que vexo moi pouco, sobre todo á primeira (xa casi un ano e medio).

O caso é que Marta e o seu marido estaban con Miguel “o sonrinte fotógrafo” (vello coñecido de Santiago ó que atopo de cando en vez e é coñecido por todo o mundo. Sempre está rindo, polo menos sempre que o vexo eu, e sempre me di o mesmo: a ver cando probo esa bica. Todavía non o convidei nunca, unha vergoña). Como a Marta a miña estratexia de persecución lle parecía boísima obligoume a compartila con Miguel para que conseguise ás mellores fotos do día.

Eu conteilla, pero como bó profesional que é, xa fixera o percorrido e chegara as mismas conclusión ca min: esperar o fachón grande, e o San Sebastián de palla que o precede, no prado e ver toda a procesión que vai detrás; logo adiantarse a il por un atallo para atopalo na volta que da ó Castelo, onde conflúen a rúa do sol e a rúa grande. Nesta zona sempre vai moito vento e sempre pasa algo co fachón grande. Non sei cómo foi iste ano porque eu optei pola estratexia dúas: ir pola rúa pequena (por alí non hai fume e, como Marta está embarazada, era o mellor para ela) que vai desembocar á fonte que hai na rúa grande. Fixemos moi ben, porque alí montouse unha boa: o fachón grande empezou a arder sen parar, tiveron que tiralo ó chan, cortar os dous ou tres metros de palla “incandescente” ila esparcindo con forquitas pola rúa abaixo para que non se montase unha barricada de lapas e volver prender o fachón grande. ESPECTACULAR
Mentras tanto, os portadores de fachós pequenos morrían abafados (claro, hainos que se empeñan en levar o fachón para abaixo...).

Nós volvemos a baixar pola rúa pequena ata o prado e dende alí vimos a parte final: veña fachós e fachós, a procesión non acababa nunca. ¿Alguén sabe cántos fachós pequenos podía haber?
Logo chegou o momento dos empurrós polo chourizo (moi rico) e polo viño (tamén moi rico). Disfrutando da comida e da bebida empecei a atoparme con xente coñecida: coa nosa amiga Marisa que viña de Vigo, con un ex-compañeiro de piso noso de fai polo menos dez anos: Jose, alegreime moito de verte. Dispois vin ás rapaciñas de Montederramo, que nuncan fallan: Rosa, Raquele Mónica. Ata me deu tempo de falar con Cándido da súa actuación no Rubio (mirade outras entradas) e de descubrir que “anónimo descuberto para o mundo” e “anónimo que pide white label” son a misma persoa (secreto, secretísimo). Logo atopeime a Ricardito, o milucho... eu que sei. Nun momento avanzado da noite din cos gaiteiros e comprobei que o dedo do Juanqui seguí no sitio. Ó final, como xa facía frío e a queimada non nos gusta, Marisa, Jose, a súa moza e eu decidimos empezar a nosa particular procesión polos bares ¡qué perdición! Aí atopamos a uns vellos re-coñecidos de Santiago que nos fixeron rir e explicáronos que con lús chea non se pode podar! Acabamos tarde, moi tarde, pero cando marchamos para casa aínda quedaban algúns que outros coñecidos.
Como vedes, a miña visión dos Fachós é parcial, así que necesito que completedes esas partes que eu esquezo ou non vivín. Que falen os gaiteiros, que falen os que levaron o fachón grande, os que levaron o pequeno, os que resistiron máis....

Só me queda por revelarvos quen levou o premio a elegancia. Pois non, non foi Raquelita (Barbie folk, ainda que viña moi apropiada como podedes comprobar na foto), foi o seu irmán Josito (mirádeo no medio da foto) que apareceu de “aquesa guisa” nos fachós, iso sí que é elegancia




8 comentarios:

feligresa dijo...

Eu botei de menos a monseñor...

rosa dijo...

Si señor, moi ben asignado o premio á elegancia 2008, dende logo os Meilán de Vigo: antes muertos que sencillos !!!!!!!!!que saibades que fai uns cuantos fachós, non lembro a edición, xa aparecera Josito con sueter( e que non sei como se di jersei en galego, bueno jarsé) blanco nuclear que durou uns 5 segundos blanco porque Mónica (Olivia) lle mandou un vaso de viño nada máis chegar...bicos a tod@s

Natalia dijo...

E que os Meilán teñen a facilidade de facerse notar alí onde van. Quedaremos pendientes dos próximos modelos que gaste o Josito.

Juan L Osorio dijo...

Vemos que atendeu a todas as recomendacións que se fan... hai este rapaz non escarmenta.

altazor dijo...

Alégrome de que estedes conmigo no do premio á elegancia, agora necesito que enchades os blancos que eu teño do día. Veña, a escribir todos, que, se non, póñovos un negativo.

xosé carlos dijo...

Repasando este blog, para Encarna bitácora, leveime unha sorpresa que quero compartir. Eu xa visitara máis veses este lugar... concretamente unha vez que buscaba información sobre Gran Purismo... Que pequeno é este mundo gobal!
Por certo... a panadeira podou a cerdeira?

encarna dijo...

A panadeira ten un lío co das lúas e o das podas que non vexas, recibiu tarde a túa mensaxe "postbidueiral" porque só quere o móvil para que lle pese no bolso pero seica che devolveu a chamada dende terras viguesas. Terei que facer unha entrada sobre a poda para que ti lle indiques cómo ten que facer. Eso si consigo que se manifeste no blog porque non vexas cómo se fai de rogar...
¿Qué me dices de Gran Purismo? Fantástico ¿non?

marisa dijo...

hola a todos sigo viva