miércoles, 9 de enero de 2008

OS FACHÓS


Un anónimo na anterior entrada xa se me adiantou..., tiña pensado escribir sobre os fachós, ¡como non! pero casi non me deu tempo. Como hoxe teño algo de traballo só vos vou contar un par de cousas sobre esta festa e , ó longo da semana, irei engadindo máis datos.
Polo que eu sei (ás miñas fontes son oráis e básicamente lembro o que Don José nos contaba de nenos) descoñécese con exactitude cando comenzou a festa ou as procesións que logo deron lugar a ela. "Donjo", o cura do castro, dicíanos que todo se debera a unha peste que houbera no pobo. Os veciños encomendáronse ó San Sebastián prometéndolle que, si os salvaba de dita enfermidade, todos os anos na víspera da súa onomástica lle farían unha procesión con fachós de palla.
Eu non sei si esto é verdade ou non, de todos os xeitos o poder purificador do lume é algo coñecido por todos, así que quizás sexa verdade.
Bueno, o caso é que agora, dende fai xa moitos anos, o día 19 de xaneiro, víspera de San Sebastián (patrón do Castro), aproximadamente ás sete ou sete e media da tarde (vamos, entre lusco e fusco) os Caldelaos e os de fora que veñen acompañarnos saímos en procesión dende o parque que hai diante da iglesia portando o noso fachón prendido. A procesión vai encabezada por unha imaxen do santo en palla que realizou non hai moitos anos Javier, "O notario", logo van os gaiteiros, despois o fachón grande (mirádeo na foto) e detrás todos os demáis. O lume cruza a praza do prado entre gritos de ¡VIVA O SAN SEBASTIÁN! ( eu lembro sobre todo os berros da Nieves, a filla da Pepa da rúa do sol, á que lle encanta esta festa), sube pola citada rúa do sol, primeiro tramo complicado para os que van detrás pola cantidade de fume que se respira. Ó chegar ó Cima da vila hai que dar unha volta de 360 graos para enfilar pola rúa grande (maniobra complicada para o fachón grande) e voltar ó prado e de novo á igrexa onde todos os fachós acaban ardendo nunha gran fogata.
Despois desto repártense chorizos e viño... pero esa é outra historia que vos contareis outro día.
Por certo, non se pode falar desta festa sen lembrar ó Sr Sebastián, o último Sebastián do pobo, que morreu fai uns anos. Este home encheunos de sonos cando eramos nenos facéndonos os fachós más fermosos, por iso creo que tamén merece un capítulo aparte.

9 comentarios:

Mons. Rouco Varela dijo...

¡Qué fiesta tan bonita! El fuego purifica las almas que se congregan en los exteriores de la Casa de Dios. Tras una subida a la cima de vila todos "os fachós" regresan a la Casa de Dios, nuevamente.
¡Qué manera más hermosa de homenajear a ese protomátir que fue San Sebastián!
Lástima de los berridos que se profieren durante la madrugada, al son de "a rumbolla" (o como demonios se diga esa canción-trapallada), indicando el clásico "as rapaziñas do Castro teñen as pernas de alambre e un pouquiño mais arriba teñen un gato con fame" ¡Ay Señor, Señor!

NATALIA dijo...

So quedan nove días. Preparai as almas e sobre todo os corpos.
¡VIVAN OS FACHÓS!
¡VIVA O SAN SEBASTIAN!

feligresa dijo...

¡Ay monseñor! seguro que usted en el fondo es también un ferviente admirador de los fachós, de los chorizos, del vino, de las rapaciñas del castro y de... no me haga seguir!!!!!!!!!

TRIVES EN MI CORAZÓN dijo...

Mucha exageración hay en esta noticia, mucha hipérbole ante una fiesta que, aunque resultona y simpática, no es más que una imitación de la ancestral "Festa do gran fachón" que se celebraba en TRIVES durante los siglos XV al XVIII y que fue suprimida por el gran inquisidor ourensano Garcimuñoz, antepasado del cacique Baltar.

España sí dijo...

Tan sólo recordar el nuevo himno deportivo de nuestra nación común, España:
Viva España!
Cantemos todos juntos
con distinta voz
y un solo corazón
Ama a la Patria
Pues sabe abrazar,
bajo su cielo azul,
pueblos en libertad
¡Viva España!
desde los verdes valles
al inmenso mar,
un himno de hermandad
Gloria a los hijos
que a la Historia dan
justicia y grandeza
democracia y paz

Que Os Fachós 2008 nos sirva para entonar este himno a ritmo de rumbolla.

Anónimo dijo...

qué día pasamos logo por Trives de fachós? teremos que levar os fachós da casa, non? Ou ainda vos quedou algún feito daquelas?
anónimo descuberto para el mundo...

trives tamén no meu corazon pero menos dijo...

jajajaja, a bica do castro, o pontelouco do castro e os fachós tamén, por algo a metade (ou máis) de vós vides aquí en todos eses eventos, que ahí xa tedes o cristo, a dolorosa e a festa do chourizo.
VIVA O SAN SEBASTIÁN

Juan L Osorio dijo...

Este ano parece que haber pelexas por coller ós fachóns, e os chourizos.
E ós de Trives decirlle que me parece moi ben pero por riba de esencialismos o impor tente é que se fai no Castro, ai eso si, si xe fixera en Tirves eu irí , por exemplo propoño o día 20 de xaneiro, así facemos a ruta do fachón.

NATALIA dijo...

Os de Trives sempre igual. E unha pena que vos inventedes as cousas e que os demáis sexamos os que lle sacamos rendemento. Bueno se o queredes pasar ben pasade polo Castro o dazanove de xaneiro, que as garras do inquisidor de marras non chegaron inda a Terra de Caldelas...