domingo, 6 de enero de 2008

RIGU & CANIER: "PROSAS PROSCAS". XENIAL E DIVERTIDO



Como vos contabamos na última entrada, este sábado actuaron no Pub Rubio RIGU & CANIER (Roberto e Cándido de Lumeares), cunha obra (basada en feitos reais, seica) titulada PROSAS PROSCAS.
En principio eu xa me mostraba bastante alegre so polo feito de que haxa xente que se mova e faga cousas como inventarse ou reconstruir este conto e interpretalo para entreternos, pero a miña ledicia multiplicouse por infinito a medida que trancurría a obra.
Todo comenzou cun pouco de retraso e no Rubio había bastante xente. Primeiro poidemos escoitar as gaitas da Serra de Queixa, que tamén tocaron o rematar. Logo saiu Cándido ó escenario.
Prosas Proscas fala de Lumeares, da súa particular orografía (básicamente “inclinada”) e dos seus cans, da súa vida, costumes, ligues e de como un día todos se puxeron de acordo para arrebatarlle ó Alemán o título de “Chulito del pueblo”.
Cándido, coa súa voz rasgada, foi o encargado de narrarnos a historia (repito, basada en feitos reais). A verdade é que o fixo moi ben, polo menos para o meu gusto. É un bo narrador e sabe como contar. A súa velocidade, cadencia, tono... perecéronme moi axeitados.
Si coa voz de Cándido xa estaba abraiada, o meu asombro e ledicia foron absolutos cando Roberto comenzou a actuar. A el tocáballe a parte máis interpretativa. Cando Cándido facía referencia a algún personaxe, Roberto interpretaba. Encantoume como o fixo. Sábese mover no escenario e tamén sabe como transmitir coa mímica. Nalgúns momentos as súas caras eran xeniais e arrancaron moitas gargalladas.
Ó final, todos botamos unhas risas e pasamos un bo rato, que era do que se trataba. A miña noraboa para todos os que tiñeron algo que ver nesta historia.
Sinto que, por problemas técnicos, non vos podo ofrecer as fotos do espectáculo, pero en canto as teña poreinas para que vexades...

10 comentarios:

NATALIA dijo...

Eu quero darlle a miña enhoraboa tanto a Cándido coma a Roberto. Estivo moi ben a actuación e espero que teñamos a oportunidade de volver a velos moi pronto en outra actuación.

Juan L Osorio dijo...

Foi unha autentica sorpresa: tanto as narracións do Cándido coma as interpretacións do Rober deixáronnos a todos ca boca aberta. Andamos en trámites para que actúen no Ponte Louco, porque si sempre estamos abertos a novas experiencias, máis si son da casa.

Anónimo dijo...

Teño unha duda...Hay alguén máis que entre no blog aparte do Osorio, a Encarna e máis eu?¿Porqué ninguén se anima a dar ningunha opinión? ou será que estas trecentas entradas que hay desde que puxemos o contador son as dos nos os tres?
Se hai alguén a outra beira, por favor, que se manifeste.

Natalia dijo...

A do último mensaxe son eu, Natalia; e que me esquecín de poñelo.

Anónimo dijo...

JAJAJAJAJA, FÍJATE EN LOS CUENTOS DEL TALLER, YA HAY ALGUIEN MÁS QUE OPINA

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Tiven o pracer de poder ver o Cándido e o Roberto, e teño que ser sinceiro: nunca esperei ver un espectáculo semellante. Sons uns figuras. Moitísimo ánimo e a seguir adiante que nós fixéstedes pasar un moi bo rato.

Anónimo dijo...

que sí!!! que somos mais os que entramos no blog...o que pasa é que temos vergoña de escribir. Mágoa que non estuven na actuación do sábado. alégrome moito polas críticas positivas que están tendo e porque gracias a uns e outros de cando en vez podamos disfrutar deste tipo de actividades. Pero se non o viches! diredes... bueno, fun testemuña de honor en parte dos ensaios e preparación de ideas. Creo que prácticamente me descubrin a pesar de ser anónimo, jeje. saudos.

Bautista Sotelo dijo...

Sen dubeda unha unha moi boa nova. Non estaba neses día pero alegrame saber que en Lumeares móvense.

Anónimo dijo...

Pois pode que si que te descubriras, pero non te preocupes que te guardamos o secreto...

NATALIA dijo...

Emitiendo para toda la galaxia....

Igual os podes ver no PONTE LOUCO.Vémonos nos fachós. Saúdos