Este é un dos meus libros favoritos. Dende que o descubrín, regálollo a xente moi especial.
Diredes que son unha horteira (seguro que non andades desencamiñados), pero hoxe decidín regalarlles ós meus alumnos dous dos "abrazos" que hai neste libro e unha flor (así tamén os axudo á súa anhelada excursión de fin de curso). Eles, moi cucos e pelotas (con bó rollito, eh), pintaron unha flor na pizarra e dedicáronma argumentando que non tiñan cuartos para mercala (xa sabedes, o aforro é importante).
Só vos vou dicir o "abrazo" co que se abre o libro e que foi un dos elexidos para o regalo (espero despertar en vós a curiosidade).
RECORDAR: del latín re-cordis, volver a pasar por el corazón.
Eu díxenlles que os vou recordar a miudo (este ano rematan).
Ós que estades lonxe de min tamén vos RECORDO sempre.
1 comentario:
Hai unha paxina chamada Patriagrande na que varios escritores do cono sur deixan relatos seus, entre eles Galeano (http://patriagrande.net/uruguay/eduardo.galeano/), a verdade é que de hai uns anos para aquí tena un pouco abandoada, seica que por problemas moi graves de saúde. ¿A ver si alguén sabe de onde saíu o debuxo da camiseta do ano pasado?
Por certo, este é, para a miña opinión, o mellor escritor, en especial eses libors de relatos (Bocas del Tiempo, Ser como ellos, Bocas andantes,... e o mellor, Patas Arriba)
Publicar un comentario