viernes, 28 de marzo de 2008

Aberto o prazo de inscrición para a rota do San Mamede



Dende o 1 ó 18 de abril (ámbolos dous incluídos), está aberta á inscrición para o 1º Ciclo Roteiro do Santo, que se celebrará en Montederramo o 19 de abril.



Hai tres modalidades:
Camiñantes: que sairán a partir das 9:30 e terán un máximo de 7 horas para facer o percorrido.
Corredores: saíran ás 10 e terán o mesmo tempo.
Ciclistas: saíran ás 10:30 e só terán 4 horas para realizar o percorrido.


A contía da inscrición será de 10€, e deberá facerse no caso dos camiñantes e corredores en Rodonet (Rúa Ervedelo, 21; Ourense. Telf: 988222692 e Fax 988225960) e dos ciclistas en Ciclos Moure (Celso Emilio Ferrreiro, 42. Ourense. Telf. E Fax 988248964).

Haberá cinco avituallamentos e un xantar ao finalizar a rota.

O percorrido son 28,765m e ten un desnivel de algo máis de 700m.

Para máis info en
http://concellomontederramo.org/ga/web/index.php

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Parece ser que ademáis de todo esto os grandes, ùnicos e marabillosos Charáculus actuaran esa tarde-noite en Montederramo para rematar a festa, así que haberá que estar preparados para outro día e outra noite moi, moi longos....

Anónimo dijo...

ánimo bloggeir@s e apuntarse xa!penso que vou estar nun posto de avituallamento e para vós haberá algún plátano ou barriña enerxética extra... ademáis, que tedes que facer o 19, mellor que percorrer o fermosa serra do San Mamede e disfrutar cos grandes, únicos e marabillosos Charáculus? ídeo pensando...

Anónimo dijo...

Pues la verdad es que o iría de buena gana, aunque sólo fuera a ayudar en el avituallamiento (creo que ni mi edad ni mi forma física me iban a permitir más) o a bailar con los Charáculus, pero... ya sabéis que me lo tengo que perder, sniffffffffff.

Anónimo dijo...

DIRIGIDO ALOS RESPONSABLES DELA ORGANIZACION RUTA SAN MAMEDE nome parece serio tener que llamar a Orense para inscrivise Teniendo el concello y la fundacion aqui al lado un saludo de un caminante

Anónimo dijo...

Camiñante deberías chamar o Concello de Montederramo: 988292000 e expresar alí a túa queixa xa que neste blog o único que se fai e anunciar a andaina pero o Pontelouco non organiza este evento. De todas maneiras penso que algo de razón levas e polo menos deberíase dar a opción de inscribirse tamén no Concello ou no Centro Comarcal,a parte de en Ourense.
Saudos.

Natalia dijo...

Dan Neve os 1.100 metros e chuvias abundantes polo que os que teñades pensado ir ide preparados, porque si neva os 1100 vai caer seguro ( o alto está a 1600).