martes, 11 de marzo de 2008


Pedro Pubill Calaf, máis coñecido polo seu nome artístico, Peret, é un cantante, guitarrista e compositor español de etnia xitana, quizá a figura máis representativa da rumba catalá, e o maestro de moitos artistas como Kiko Veneno,Ojos de Brujo, La Trova Kung-Fú, Muchachito Bombo Infierno, Macaco etc...

É famoso pola súa forma de tocar a guitarra, coñecido como o ventilador, grazas á cal, aparte do uso das cordas do instrumento, emprega a caixa de resonancia como instrumento de percusión, e tamén pola súa habilidade case de malabarista á hora de virar a guitarra sobre si mesma nun aceleradísimo movemento de 360 graos.
¿Porqué unha entrada hoxe sobre Peret sen vir a conto?, pois porque este home con setenta e tres anos de idade levanos dando, a todos os pontelouqueir@s, moitos dias e festas gloriosas, e podiamos decir que un oitenta por cen da organización do Ponte Louco e fan de este gran artista.
No seu último traballo "Que levante el dedo", temos a un Peret moito máis reposado e maduro pero tamén unhas letras moito máis traballadas e irónicas. Recomendo que o escoitedes porque é sensacional. Gracias Peret.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

AÚPA PERET Y SUS RUMBILLAS!!!!!!!

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

Detrás do "Borriquito como tú", e dese artista propio da época dos nosos pais podemos descubrir un grande precursor: PERET. Este é o papá desa nova rumba que se ven rexenerando en Barcelona, como non podía ser menos, moi especialmente. Estes son rumbeiros sen complexos (coma a María Isabel), pero que lle dan un toque menos folclóricos e máis mestizo.

Eu engadiría a lista Dusminguet, Manu Chao (e deste un directo titulado “Lo Peor de la Rumba”, e que por veces fai honra o seu nome), Tío Carlos, Delinqüentes, Jaleo Real, Tony el Gitano, ou Sabor de Gracia.

Tamén quería falar do seu anterior disco: “Peret EL Rey de la Rumba”, no que tocaba os seus grandes éxitos con outros grandes artistas: Los enemigos, Jarabe de Palo, Amparanoia, Dusminguet, Ojos de Brujo, Macaco, Tonino Carotone, Nilo Mc, Estopa, Carlos Jean, Manuel Malou (co que estibemos en trámites para ver si viña ó Ponte Louco).

Por último apuntar outros dous grandes precursores: Gato Pérez e Los patriarcas de la Rumba.

Anónimo dijo...

ta requetebueno brodel, de barna, como yo