sábado, 5 de abril de 2008

120 CAPADORES

Xa hai uns meses saíu este disco homenaxe aos que probablemente sexan o grupo máis influinte en Galicia dende os tempos de Pucho Boedo (case nada): Os Diplomáticos de Monte Alto.

Vinteúnha versións dos seus grandes éxitos deses compañeiros de Rock brabú e “fillos” dese movemento: Cuchufellos, O sonoro maxín, 3 Trebóns, Rastreros, Banda Potemkim, Lamatumbá, ... (como vedes moitos deste estiveron no Ponte Louco); e bueno non é por amizade, quédome co Castiburón dos Cuchufellos. Habelas hainas de toda clase, as versións, os que por pequenos detalles te das conta que non son os Diplomáticos (os Dixebra cantanto en Bable o Gaiteiro) e os que claramente meten os seu toque persoal, con maior ou menor acerto.

Ademais hai catro “bolas extra”.

O caso señora é que por só 15€ pode ter este dobre disco na casa...

Gaiteiros

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu tamén me quedo ca de Castiburón de todas e a que máis me gustou.

Anónimo dijo...

A verdade e que botando unha ollada para atrás doume conta de que no Pontelouco estiveron uns PEDAZO GRUPOS QUE TE CAGAS. Gracias ós "seleccionadores oficiais". O outro día escoitando radio 3 puxeron un tema de Che Sudaca e lembreime de cando viñeran ó PL, agora escoito falar de outros grupos que tamén nos acompañaron e... dame emoción e morriña. Xa esteredes fartos de escoitar o meu lamento porque este ano, snif, non poderei ir; oín rumores dalgun grupo co que se están intentando por en contacto os nosos "seleccionadores" e xa me estou comendo ata as uñas dos pés por ter que perdelos. Si veñen... va a ser la monda!!!!!!!!!
A min tamén me gusta a versión dos Cuchfellos