martes, 15 de abril de 2008

ULTIMAS NOVAS DO ROTEIRO DE MONTEDERRAMO













A PROBA TERÁ LUGAR O DÍA 19 DE ABRIL DE 2008 (SÁBADO), A PARTIR DAS 9:30 DA MAÑÁ, NO CONCELLO DE MONTEDERRAMO.

HABERÁ TRES MODALIDADES:

CAMIÑANTES: máximo 300

CORREDORES: máximo 100

CICLISTAS: máximo 100

PARA INSCRIBIRSE, DENDE O 1 Ó 18 DE ABRIL:-Para Camiñantes e Corredores en : REDONET (Ervedelo, 21, Ourense), ou no seu teléfono: 988 22 26 92, ou no seu Fax: 988 22 59 60.-Os Ciclistas en: CICLOS MOURE (Celso Emilio Ferreiro, 42, Ourense), ou no seu teléfono/Fax: 988 24 89 64.

O prezo da inscrición é 10 Euros.

A Idade para participar: 18 anos, ou 16 se san acompañados.

A cita comezará en Montederramo:

-Para Camiñantes: ás 09:30h

-Para Corredores: ás 10:00h

-Para Ciclistas: ás 10:30h

TODOS CONCENTRADOS AS 09:15 DIANTE DO MOSTEIRO DE MONTEDERRAMO.ESTARÁ DEBIDAMENTE SINALIZADO SEGUNDO AS NORMAS DA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO, SEGUINDO A RUTA DO SANTO.

1.- KM.05, 500- Auga e Coca-Cola

2.- KM. 11,100- S. Mamede (Comida e líquido).

3.- KM. 14,500- Auga e Froita

4.- KM.22,000- Auga e Coca-Cola.

5.- MONTEDERRAMO (final).Servirase un suculento xantar segundo se vaia rematando a proba.O albergue estará habilitado a partir das 12:00 horas da mañá.

A partir das 16:30h, efectuarase o sorteo de agasallos, achegados polos diferentes patrocinadores.

A continuación, CONCERTO FOLK (AIRIÑOS DE CALDELAS)no claustro do Mosteiro. A maiores haberá un guía, para a visita do Mosteiro.

Para máis información, podedes dirixirvos ó Concello nos teléfonos:-988 29 20 00-988 29 20 72.Ou no mail: concello.montederramo@eidolocal.es

13 comentarios:

Anónimo dijo...

E si algún dos Airiños participa na ruta ¿estará dispois para tocar? Si é así é que se trata dun "macho man" en toda regra.
¡Que disfrutedes e que o tempo e os folgos acompañen!

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

De qué mala noticia me acabo de enterar leyendo el blog de nuestra paisana Lucía: CHEMA, EL PANADERO DE BARRIO SÉSAMO, HA MUERTO. Lucía, también de tradición panadera y "biquera" os lo cuenta todo en su blog. Una pena, penita. http://paisdenuncamais.blogspot.com/

roseta dijo...

Altazor, cómo entiendo tu pena penita pena, no tanto por la desaparición de Chema (que también) sino por no poder asistir a la ruta (tipo pofesional como dixo algún gaiteiro do teu pobo) de Montederramo; non asustarse que, estou ben, pero tiven un accidente de tráfico e non podo ir dar abituallamento a todos os roteir@s, nen tampouco poderei disfrutar dese pedazo concerto que darán os magníficos e grandes airiños/characulus... buagggggggg, espero que polo menos me adiquen un tema, aínda que sexa a rumboia jejeje.
ALEGRIA MÁIS QUE NUNCA e bicos a tod@s

EMITIENDO PARA TODA LA GALAXIA dijo...

Roseta, a túa é unha gran baixa, non sei cómo irá o avituallamento sen tí, pero teremos que tirar para adiante.
Recupérate pronto!

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

Rosa: os cochitos de choque so son nas festas dos Remediossssssssssss, toliña! Por certo, o teu é triste, pero o de Chema tamén. Cuidate, non vaias ter lesións para o verán

roseta dijo...

graciñas Altazor, e tranqui que o 2 de Agosto non vai quedar un corrido sen bailar e todos adicados a ti, como xa fixeramos no seu momento en Lalín, Hugo Ball e máis eu, co mítico Flaco Jiménez. Así me queden maniotas en todo o corpo, hai que ganas, pónseme a pel de pito... bicos

Anónimo dijo...

Cómo é logo esta andaina, porque uns avituallan, outros tocan a gaita,outros soñan co 2 de agosto, e os que patean e pedalean? Eu de estar xa estaría ansioso por darlle ó pedal, ainda que supoño que me compren os que avituallan, os da gaita e mais os que soñan co dous de agosto.
Oscar.

EMITIENDO PARA TODA LA GALAXIA dijo...

E como dan chuvia e neve para o sábado o final teremos que pasar de andar, pedalear e avituallar para dedicarnos o que máis nos gusta a todos ¡¡DARLLE A GAITA...!!

Anónimo dijo...

Fecha sábado 19 de Abril

Estado del cielo Nuboso

Prob. precip.(%) 100%

Cota nieve prov.(m) 1100 

T. Máxima (ºC) 10 
T. Mínima (ºC) 4 

Mais cargada de bombo dijo...

Me parece que o final imos ter que dedicarnos en exclusiva á musica porque o tempo non acompaña, e esperamos que non se teña que suspender porque xa dan neve para o venres e con que caia unha nevada boa... pois habera que facer facer o que se fai nese pobo durante todo o ano: estar no bar.

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

pois creo que o final todos nos teremos que meter nos bares: probabilidade de precipitacións en toda a pel de toro: 100% ¡QUÉ CHOVA, QUE BOA FALTA FAI!

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

¿Cómo vos foi o tempo polo norte?????????????? No sur asistimos a unha recreación do dilivio universal. Choveu tanto que decidimos escapar aínda máis o sur e acabamos... en Sevilla: y allí la lluvia es una maravilla!!!! (dicen). Espero que los airiños hayan estado a la altura y que con su música celestial hayan conseguido disipar los nubarrones ¿Hay fotos del evento?

EMITIENDO PARA TODA LA GALAXIA dijo...

Hai fotos, hai. E os airiños fixeron o que puderon, pero choveu a mares. En canto teñamos todo preparado colgaremos a crónica da andaina. Solo adiantarvos que hubo algún caso de hipotermia, retiradas antes de fin de andaina e que tiveron que recortar a subida o Santo porque non se pasaba ca neve. Pero inda así hubo máis de douscentos valientes e a organización foi un éxito.