A asociación de xubilados ven de crear un blog para así dar a coñecer as actividades que realizan e achegarse ao mundo das novas tecnoloxías.
Ademais do 20 ó 31 de maio están a facer unha exposición fotográfica co título "Doutros Tempos" organizada pola rede de dinamización tecnolóxica (Déborah). A exposición mostra o traballo dos xubilados participantes nun obradoiro de informática no que aprenderon a escanear as fotos antigas que foron encontrando pola casa. Todas as fotos están colgadas no propio blog da asociación.
10 comentarios:
Gracias Juan, eres rapidísimo. Espero que visitedes moitos o blog da asociación porque non vos imaxinades o integrados que están xa nas novas tecnoloxías, e o moito que están currando. Esta iniciativa das fotos é fenomenal e ainda pode dar moito mais de sí. Por certo, a exposición en papel está no Centro Comarcal por si alguén non ten internet e non pode entrar no blog, que veña a velas por aquí. Noraboa tamén a Déborah, que é quen lles axuda en todas estas tarefas cibernéticas, e o fai super ben.
yo voy a visitar ahora mismo su blog y dejarles un mensaje
Noraboa pola iniciativa. Por ésta e moitas outras que dende hai tempo se veñen facendo na asociación. Unha aperta
Xa somos máis. Noraboa.
Grazas a tod@s os que estades entrando e deixándolle comentarios no blogue da asociación, non sabedes a ilusión que lles fai e de que xeito os anima a seguir nesta nova andaina!!!!
No blog hai fotos moi chulas, nalgunhas saen os pais dos nosos amigos e incluso... unha amiga nosa IRRECOÑECIBLE. A ver si a atopades
Gracias a todos los que que estais entrando en el blog
Animame moito que a iniciativa de formar un blog de fotos antigas os gustara e que fagades que as vexa a xente
Fainos moita ilusión que estedes entrando no noso blog. Grazas por elo, andando xuntos animámonos uns aos outros e o camiño e máis agradable
Moitas gracias tamén a todos vós que sodes uns campeóns. A nós tamén nos gusta que pasedes a visitarnos de vez en cando, estades na vosa casa. Unha aperta enorme
Publicar un comentario