jueves, 29 de mayo de 2008

OS UNICOS,OS INIMITABLES ¡¡TUNA RASTAFARI!!


E eles tamén nos contan algo:

De repente chegas a unha sala chea de xente expectante e impaciente, nervios, os asistentes mirando o escenario e ¡comenza o espectáculo!, subidón, asombro e os corpos non poden estar sen bailar, miles de watios afinados e moitos músicos facendo festa, isto é A TUNA RASTAFARI (descarga de enerxía, posta en escea, un comando de xente nova con experiencia para facer vibrar, saltar e cantar). Dez xóvenes músicos que producen, deseñan, improvisan: o espectáculo é a súa bandeira. Unha banda con unha soa misión: reventar todos os escenarios que se lles poñan a tiro; súas armas: sonidos imaxinativos combinados con humor, compenetración e factor sorpresa. Grupo formado no Morrazo no ano 2005 con compoñentes de outras bandas locais, pero que atoparon un vinculo e un estilo que os une para disfrutar da música. Comenzan a súa andadura con cinco compoñentes ampliando pouco a pouco o seu número ata a actualidade que son dez. Incorporando un acordeonista, dous saxos ,unha trompeta e un trombón que fan que o sonido dos inicios evolucione a un máis festeiro. O seu repertorio de imaxinativas letras e música que fai bailar e disfrutar, fan que na actualidade sexan un dos grupos máis requeridos para festivais e concertos en salas, destacando os últimos concertos no Festivalinho, na Sala Aturuxo, no Pub Labranza, no Festival Antifascista de Cangas, na Semana do Mar de Moaña, no Salón Parroquial de Ponteareas, no Ache de Seixo.... Neste momentos é un dos grupos participantes no programa Música ao Vivo do IGAEM e ten confirmados varios festivais entre os que destacan o Festival de Alvite na Rioja, o Festival das Culturas de Barcelona e o Festival Cultura Quente, onde compartiran escenario con grupos tan consagrados como Café Tacuba, Taraf de Haidouks, The Goodfathers, Deluxe… sendo considerados pola Radio Gallega como grupo revelación da escena musical da nosa Comunidade.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Os dous teñen moi boa pinta. A ver se acaban sendo unha revelación como a maioria dos que levades.Pronto o saberemos.

EMITIENDO PARA TODA LA GALAXIA dijo...

Pois tes toda a razón, pronto o saberemos, porque xa queda moi pouquiño, 2 meses e unhos días.
¡¡Qué nervios!!

alegria dijo...

no me amenaces... q ganas!

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

Roseta a ti non te amenazo pero dille o Lorenzo que non faga esperimentos co Tequila que senón...
Esa maruca maruca... que lindo...

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

ARRRRRRRRRGGGGGGGGGGGGGGG!!!!!!!! ESTOY ABURRIDA DE EXÁMENES, ME METO EN EL BLOG PARA RELAJARME E IMAGINARME LO BIEN QUE ME LO VOY A PASAR EN VERANO Y ME ACABO DE DAR CUENTA DE QUE DEFINITIVAMENTE TAMBIÉN ME PERDERÉ LA FERIA DEL VINO DEL CASTRO.
OH, MÍSERA DE MÍ, OH INFELICE!!!!!!!

sonsoñento dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.