jueves, 24 de julio de 2008

Viñobus


O Plan de Dinamización Turística da Ribeira Sacra pon este verán en marcha unha vez mais o produto baixo o nome de “ViñoBus”.
Trátase de excursións de medio día que permitirán ao visitante saborear a Ribeira Sacra en todas as súas facetas, patrimonio, paisaxe, gastronomía, etc.
Consiste en oito rutas nas que se inclúe unha serie de itinerarios guiados en autocar nos que o turista acompañado por un guía poderá visitar bodegas incluíndo catas comentadas, degustación de viños e outros produtos tradicionais.
Funcionarán os fins de semana durante o mes de xullo, agosto e o primeiro fin de semana de setembro con rutas dende Ourense e dende Lugo.
Información e reservas: 606 428 286

Aquí podedes ver o folleto e os hororarios, que tamén os podedes atopar no Centro Comarcal.
Ademais recoméndovos tamén un video feito polo PDT moi ben editado.

3 comentarios:

Natalia dijo...

A ver logo, se o facemos despóis dos Remedios.

alegria dijo...

Por fin!!!! Qué falta facía algo así; dende o punto de vista vitivinícola penso que é imprescindible asociar o viño ó entorno da Ribeira Sacra para poder comercializalo e dalo a coñecer por ahí fóra. Bicos a tod@s

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

eu prefiro unha antes que si non quédome sin facela como o ano pasado!!!!