lunes, 29 de septiembre de 2008

Maratón do Miño


Como xa contáramos, fomos facer parte da Maratón do Miño un mini-equipo Ponte Louco (Eladio, Natalia e máis eu) acompañados por Loli e Blas. Fixemos so 18Km en 3:19. Puidemos ver a outros caldelaos, como o Xocas e o José Carlos que particpaban na carreira por relevos. Todo estaba moi ben organizado apesar da dificultade de meter 850 participantes (ademais dos paseantes de adiario) polo paseo do Miño.


Aínda que a maioría dos inscritos ibamos polo paseo, na competición había nivel, destacaría o primeiro que chegou facendo marcha e que lle levou o percorrido entre 3:30 e 4. (nos xa o vimos pasar cando estabamos tomando algo). Por salguén quere ver a clasificación está colgada en varios sitios, por exeplo no Ourense Dixital ou na web oficial
Prometemos aumentar o percorrido para próximas edicións, e esperemos que se apunte alguén máis.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Ese pontelouco, así me gusta, demostrando que no sólo de alcojol vivimos los pontelouquistas

Natalia dijo...

Mirade qué careto teño eu na meta e qué pelooooos!!! Miña nai querida, parecía que viña de facer máis de 100 km. Pero bueno, pasamolo moi ben e agasallaronnos con moitíiiisimas cousas.

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

Que dices... si eu pensei que viñas da pelu, jejeje

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Eu aínda me estou repoñendo. E que seguirlle a marcha a estes, estando tan desentrenado é duro.
Foi unha experiencia moi boa, o recorrido (aínda que o coñezo de sobra) unha marabilla, a organización moi ben, e o obsequio final foi a bomba...
Coma pasa en todos os sitios, pódense mellorar as cousas, pero só se equivoca o que organiza actividades. E esta é unhas das poucas maratóns que hai en Galicia.
A ver se para o ano nos animamos máis xente e facemos uns equipilos por relevos do Ponte Louco

Eladio Osorio Montenegro dijo...

A ornanización teu unha páxina oficial que é a do [Maraton] (http://maraton.ceo.es)

Anónimo dijo...

está claro que xa corre maratóns calquera,home, pensando no viño e demais. E despois dicen que non só viven do alcol os pontelouquistas. E que ten de malo vivir do alcol...

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

Non ten nada malo vivir do alcol, en especial se eres augardenteiro... Ja! ja! Ademais nas bases da inscrición estaba que non te podías dopar, aínda que agora que o penso non creo que o Ribeiro estea clasificado como tal, o Barrantes seguro que si.
O viño, polo menos a min, non foi o que máis ánimo me deu, pero o lomiño,...