Esta fin de semana fomo Natalia e máis eu de reporteiros o San Mamede coa idea de subir ata o campor do Casar para ver o bidueiral nevado. Pero ca nevada que había non demos chagado. Na maioría do camiño o espesor era de uns 15-20cm e iso á hora de andar supoñía un sobre-esforzo moi grande. Pero como podedes ver puidemos, a pesar dos pesares, facer unhas cantas fotos, enredar un pouco coa neve,...
Ó primeiro aínda se vía a terra do camiño, pero logo o camiño estaba completamente nevado.
Cara o Leste víase en primeiro termo o alto do Balisco e ó fondo Cabeza Grande (de Manzaneda).
Aquí vese o San Mamede á dereita, no alto, e no centro o bidueiral. Aínda que coa posición do sol e o brilo da neve, a foto non quedara moi alá.
Como poidedes ver, antes ca nos outros fixeran o intento en coche, pero deron a volta moito antes ca nos,...
A Mogainza, de noite as 5 da tarde e cunha nevada de medo
E como xa é norma, tedes máis fotos no Panoramio para ver desta "aventudra"
1 comentario:
A Serra estaba espctacular, foi unha penda non dar andado máis, pero a verdade e que ca neve que había os cuatro kilómetros que andivemos cundiron coma 15.Ahora eso sí, eu debutei ca neve un bo rato por si acaso non a vexo máis este ano.
Publicar un comentario