sábado, 6 de junio de 2009

CADA VEZ QUEDA MENOS





E nos xa o temos todo listo...así que so faltades vos. Contamos con todos e esperamos que se una algún máis. Contamos con dous días de festa e por contar contamos os días que quedan para que chegue. Nos seguimos disfrutando, cada ano máis, ca organización do Festival, seguimos adiante, pese a quen lle pese, e tentamos facelo o mellor posible. So nos fai falla unha cousa, que todos vos sigades adiante connosco e que nos sigades apoiando nesta festa que cada ano é un pouco máis de todos.Estarades todos: os loucos de Castro Caldelas, os loucos de Montederramo, os loucos da Teixeira e de Lumeares, os loucos de Trives, os loucos de Ourense, os loucos de Vigo, os loucos da Coruña, os loucos de Cerceda (para que logo digan que non hai loucos...) e con todos vos e con máis o dia 21 e 22 de Agosto imos facer tremer a Terra de Caldelas.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

que loucos estamos

Anónimo dijo...

non sei por onde escoitei que este ano na nai de la china de cuchufellos? e iso certo? faltaria algo se non poideramos cantar eso de : miña botella de licOr! ...
non nos fagades iso.

EMITIENDO PARA TODA LA GALAXIA dijo...

Penso que hai que darlles un descansiño e non ven mal traer cousas novas.Non vale aburrir...Se che vale igual o que si podes escoitar e o LICOR DO NEGRO CAFE QUE ME TUMBAS QUE ME MATAS... a cargo dos Sonoro Maxín.

alegria dijo...

correto!