sábado, 3 de marzo de 2012

Boas e malas novas


Que empezamos polas boas ou polas malas novas???

Case mellor mesturámolas e que volas reparta o corpo…

Boa nova: A pesar da que está a caer, outro ano máis, e van xa 11, HABERÁ PONTE LOUCO, e non é pouco, xa que son varios os festivais que se quedan no camiño ou están no aire

Mala nova: coa que está a caer os recursos dos que dispoñemos son menos que outros anos… haberá que facer traballar o miolo.

Boa nova: volvemos ás orixes… o PL 2012 será día de feira: 18 DE AGOSTO

Mala nova: este ano so faremos un día

Nova medio boa medio mala: este ano imos precisar un chisquiño máis da vosa colaboración… e sabemos que estaredes aí… así que se a alguén se lle ocorre algo, crea que pode botar a man,… nos andamos coa elaboración de cartel

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Propostas para sacar diñeiro. Organizar unha churrascada nas piscinas do Castro a semana antes ou esa mesma semana.
Facer rifas para sortear algo alí. Será case todo beneficio xa que o premio pode ser material do ponte louco.
Falar con un bar no castro e montar unha festa na que se cobre un euro pola entrada destinado ao ponte louco.
Facer un roterio de viños/cañas e pinchos polo castro, falando con hosteleiros e cobrar 10 € por exemplo sendo 3 € de beneficio directo.
ETC ETC.

alegria dijo...

eu apúntome ó roteiro dos viños! falade con La Isla del Tesoro para que pinche en algún garito pa sacar cartos, seguro que move moita xente;

18 de Agosto, yujuuuuuuuuu!

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

En primeiro lugar e antes de nada moitas gracias polas propostas. A verdade é que algunha delas xa as barallamos... pero non sairon adiante... porque basiamente a cousa redúcese a un problema de man de obra: cando comezou o Ponte Louco eramos unha requa deles e todos con gañas e agora somos catro amigos (aos que parece que se vai unir algún para o ano) e ata temos porblemas (de personal) para poñer os chiringuitos nas feiras... de feito este tres de agosto non sabemos si nos poderemos poñer...

DE tódolos xeitos agradecerche a preocupación e as ideas